Cando onte marcou Álex a xente coa que estaba a ollar o fútbol e máis eu non soubemos que decir despois de berrar o gol. Non é o da Sagrada un futbolista que anote en exceso, pero ten ese punto para acertar en momentos oportunos, especiais. Onde podería marcar Álex esta temporada? So podía ser no Molinón, na casa que o acolleu o ano pasado para que se volvese sentir futbolista. E non deu tempo case a que a xente sentase. E unha desas leis que non teñen ningunha base científica pero que adoitan darse no deporte en xeral e no fútbol en particular. Xa houbo alguén que espetou: "Prepárate Barcelona para a vindeira temporada". O equipo azulgrana é nos últimos anos o que máis sofre o acerto do capitán branquiazul. Alén do gol, o partido que desenvolveu onte foi más que sobranceiro. El foi un dos protagonistas da tarde, pero para min hai outro nome, máis que nada porque estou un pouco despistado: Pablo Marí. Porque se agachou na xogada do gol do Sporting? O balón vénlle de cara aínda que non sei se chegaría, pero xa non o tentou, agachouse! Iso so acontece cando oes algo dun compañeiro por detrás. E se ouviu algo só o sabe el. A reacción non foi a habitual nun central que ten un enorme control do xogo aéreo e que domina case todos os espazos. Que aconteceu? Non puido ser a voz de Djurdjevic, que sería descoñecida; hubo outra voz? Por sorte, Christian arranxou ese despiste e o equipo foi quen de dar un puñado na mesa nun campo interesante para os seareiros deportivistas. Era hora. Foi o momento.