Supoño que neste fútbol tan comercializado e profesionalizado fan falla aínda diversas figuras e unha delas é unha que cada luns bote unha ollada ao que aconteceu en cada campo e castigar se é preciso. É o xeito de deter os trapalleiros que tentan prexudicar a compañeiros/rivais con enganos. E vou dar dous nomes propios: Puertas e Víctor Díaz. Si os dous xogadores do Granada. O primeiro marca un gol coa man, que o xuíz concedeu e despois anulou grazas a un asistente, e unha vez que o descubriron segue a protestar e montar o seu número sen que acontecese máis; o segundo recibe un empurrón de Nahuel e tómbase no chan coas mans na faciana. O deportivista foi expulsado e para o vindeiro partido non poderá xogar. Iso foi o que acadou o trapalleiro de Víctor Díaz. Non culpo moito ao árbitro porque creo que non viu o que aconteceu -malia que se non olla non pode xulgar-. "En el minuto 90 el xogador (10) Leiva Esquivel, Matías Nahuel fue expulsado por el siguiente motivo: Por golpear a un adversario a la altura del cuello no estando el balón en juego", escribiu o colexiado na acta. Pero se compara co acontecido dez minutos antes e como sancionou o puñazo de Quini a Duarte... empregou dúas medidas distintas. "En el minuto 90 el jugador (17) Marín Ruz, Joaquín José fue amonestado por el siguiente motivo: Discutir con un contrario sin llegar a insultos ni a la amenaza". Isto que escribiu polo cartón amarelo a Quini non é verdade. Aínda que isto é menos grave que o que fixeron os outros: mentir.