O feito de que o balón entre éo todo no eido este do fútbol, non só polo que atinxe ao resultado, senón tamén polas sensacións e polo estado de ánimo de cada seareiro. Confeso que son un dos que o pasa mal e a estas alturas do conto xa non vou mudar. Como tento levar todo ao bando bo, considero positivo e optimista, manteño o que veño dicindo desde o comezo, que este Deportivo ten que ascender directo, que vai ascender directo. E canto antes o acade moito mellor para todos; mesmo para a saúde dunha parte importante de deportivistas, mais semella que se trata de facer todo o contrario. Moito devagar, dabondo diría eu, nunha competición que semella que ninguén quere ganar e que non é preciso gañar, porque mesmo vale ser segundo, como acontecera en 2014 para acadar o obxectivo. No quero valorar o tipo de fútbol que fai o equipo, non me gusta porque a proposta queda a metade de camino, xa que sen profundidade o fútbol non é nada; agora trátase de gañar como sexa dentro do legal, o estilo xa non me interesa, pero se non chegas non gañas, e agora cando chegas tampouco porque non es quen de acertar no remate. Non sei se será que os atacantes están pouco afeitos a rematar xa que pasan máis tempo correndo detras dos rivais que dentro da área rival; pode ser unha razón. O que sei é que os partidos os hai que solucionar canto antes para que non aconteza o de tantas veces: Nàstic, Numancia, Albacete, Tenerife? moitos puntos fuxidos. Dabondo.