Un gol é o que marca a diferenza entre ser segundo ou ser quinto ou ser líder ou cuarto no caso do Málaga. O acerto dos dous porteiros, ou o erro dos dianteiros, marcou a desenvolver deste partido. Todo podía ter sido distinto se Blanco aproveita o erro de Dani Giménez, pero o porteiro deportivista soubo amañar a súa desfeita; se o Malaga se adiantase... é o seu xogo. Despois foi a parada de Munir a Borja Valle e o remates fóra dun Deportivo que para min fixo máis para gañar que o seu adversario. Tampouco moito máis. Un marcador que leva os coruñeses á quinta praza. Soa mal, pero nada mudou agás a perda dunha posición. Todo segue igual; todo está aí. Cun Deportivo a tres puntos do liderado, a dous do ascenso directo e amosando xerarquía onte en La Rosaleda. Agora toca que o faga en Riazor. Este empate é moi bo e pode decidir porque de momento o golaveraxe é de cor albiazul e xa con tres rivais directos. So ten un pendente o Deportivo, Osasuna, e será en El Sadar, pero aquí xa gañou por dous goles de diferenza. Todos os demais teñen que enfrontarse aínda entre eles. Niso tamén hai que pensar. E tamén en que Riazor ten que ser o que era porque de nada vale facer bos partidos fóra se logo onde se teñen que acadar os obxectivos, na casa, non es quen de importe aos teus adversarios. Chega a costa abaixo -dos partidos aquí, o de Reus, e un terceiro como local-, unha xeira como para marcar distancia cons adversarios. Despois de gañar en Gijón, Granada e empatar en Málaga non hai disculpas.