13 de mayo de 2019
13.05.2019
"Que duda cabe!"

Así é imposíbel

12.05.2019 | 23:24

Outra oportunidade perdida e outra vez en Riazor e así é imposíbel. Era un partido para sumar e que o rival, que anda na loita para xogar a fase de ascenso, quedase a cero. Tres puntos para pórse por riba do Cádiz e co Mallorca pretiño, pero tampouco foi desta vez. Cinco empates, tres derrotas e un só triunfo na casa na segunda volta. A que se pode aspirar con estes números? De 27 puntos só quedaron oito aquí. Imposíbel soñar tan sequera. E onte mereceu máis o Deportivo? Eu diría que máis que o Cádiz si. Por feitos os branquiazuis tiveron outras dúas oportunidades craras por unha dos visitantes „disparar desde lonxe para min non é unha ocasión„. Son os datos. Pero hai matices. O Deportivo estaba obrigado a gañar; o rival, non. E para vencer tes que chegar á portería adversaria o número de veces precisas para que poidas marcar tres goles. E o Deportivo non o fixo. Isto é Segunda, categoría na que para anotar un tanto tes que chegar cinco veces, non tres. E iso non pasou onte. Bon, si dalgún xeito co gol visitante. Non é habitual e para defenderte desas vicisitudes mellor ter unha renda ampla porque cun gol so pode pasar o que pasou, e non é a primeira vez en Riazor. As dúas vitorias en Soria e Zaragoza fixeron recuperar certa ilusión, pero pensando en que había que gañar dous dos cincos partidos que faltaban, Cádiz e Mallorca. No primeiro, aló van as esperanzas. Sei que hai posibilidades. Tamén sei que o Málaga hoxe pódese pór por riba a botar ao Deportivo da promoción e a semana que vén xa ten gañado o seu partido (Reus), e o Cádiz por diante e o Mallorca máis. Xa nin co mellor dos soños.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes