13 de junio de 2019
13.06.2019
"QUÉ DUDA CABE!"

Os pés e a cabeza

13.06.2019 | 00:59

O fútbol xógase cos pés, pero non está nos pés como amosou onte o Málaga durante boa parte do partido e adoitan facer outros moitos equipos. O fútbol está coa cabeza, que creo que dicía Cruyff, e podes ser bo xogador aínda que nos pés non teñas as cualidades precisas; e tamén podes ser mediocre por moita habilidade e calidade que teñas se non tes o fútbol na cabeza. Ocupar un espazo, ver a xogada antes de tempo, axudas, empregar o corpo con xeito, marcar territorio, esas cousas que incordian a un adversario e que por aquí poucos saben facer. É iso que se chama competir. E ademais, pór corazón. Eu sempre penso que todas estas cousas en certas categorías son sabidas „o do corazón é indiscutíbel„, pero case sempre erro. E foi por esa entrega polo que remontou o Deportivo „ese corazón„ perante un adversario que de súpeto parece esquecer o cerebro no vestiario, so quixo xogar cos pés cando o seu xogo fora mellor na primera parte porque soubo manexar testa e extremidades. Non sei que aconteceu, alén do que digan as estatísticas encol da porcentaxe de acerto do Deportivo, pero o partido no mudou so pola puntería dos deportivistas, algo máis pasou. Eu supoño que o do corazón é unha das chaves, e tamén o estilo e contaxio do xogo dun dos chamados secundarios, como é Pedro Sánchez. Tres faltas en dez minutos para marcar o seu espazo „malia que levase un cartón amarelo„ como compre facer sobre todo se xogas na casa, pero ademais o alicantino ten pé, moi bo pé a balón parado. Ou sexa, xunta as dúas cousas. Nunca é tarde para sabelo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

 

Buscador de deportes