A historia que vos vou contar é algo artificiosa. Trata dunhas pantasmas celtas e romanas que encontraron a súa morte nunha batalla hai máis de dous mil anos, onde hoxe está o gran estadio de Riazor. Sempre loitaban con espada e lanza ata que...

Nunha noite escura unhas pantasmas con sandalias e túnicas levitaban xunto cun estandarte coas insignias SPQR. Ao mesmo tempo chegaron unhas pantasmas con armaduras de coiro. Ambas castas de pantasmas (romanos e celtas, respectivamente) viñeron ao estadio de Riazor. Dispoñíanse a librar a súa eterna batalla. Pero ambos bandos xa estaban cansos das súas costumes bélicas. Un romano propuxo facer deportes como o atletismo e a natación. Outro romano dixo de xogar ao tenis, ao bádminton, entre outros deportes desa clase. Entón un dos celtas, ademáis de propoñer xogos de esgrima (esta idea quedou inmediatamente descartada), propuxo xogos de balón como o baloncesto e máis o fútbol. As pantasmas foron a unha tenda de deportes e tomaron prestadas raquetas, balóns, redes, porterías, martelos (para o deporte de lanzamento de martelos), etc. Resulta que o pasaron xenial xogando e os deportes causaron tan boa impresión que en pouco tempo todas as pantasmas da Península Ibérica xogaban xa. E, como non, o favorito foi o fútbol.