16 de septiembre de 2019
16.09.2019
"QUÉ DUDA CABE!"

Isto non hai quen o ature!

16.09.2019 | 01:13

Onte aconteceu o mesmo que hai unha semana en Riazor no encontro perante o Albacete. O VAR confirmou unha man nidia dun defensor xixonés dentro da súa área como na xornada anterior amosara a de David Simón. Penso que con esta norma non hai discusión, sempre que sexa para todos. Outra volta o vídeo permite ao xuíz ollar unha xogada que lle pasara inadvertida. Pero sigo sen saber ben cando ten que intervir (o VAR), porque hai accións nas áreas que son ou puideron ser decisivas. Onte, eu pregunto por que non analiza a xogada cando Santos cabeceou ao longueiro? Hai empurrón de libro do defensa ao atacante venezolano. Ninguén dixo nada. Agardo saber exactamente como funciona antes que remate a temporada. Alén dese gol ao final de Aketxe, que penso fixo xustiza por iso do reparto de puntos, penso que o de onte foi un partido no que había que darlle cero puntos a cada equipo, ou mesmo diría quitarlle tres. Foi moito máis que cativeiro. Deses que só ollas se es dun dos dous equipos e que bota dos campos a calquera que non saiba de que vai isto do fútbol. Un partido semellante ao que o Deportivo xogou diante do Albacete en Riazor e que rematou con derrota dos coruñeses. Un partido máis desta categoría no que xa se pode ollar que o de menos é como o fagas pois o que conta é o que fagas. Gañar, gañar e gañar... a calquera prezo. É unha aposta, ou proposta, que xa non sei. A min se se garante o obxectivo xa me vale, pero quen garante? Por certo, non pode haber dúbida do obxectivo. Non pode!!!

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes