21 de octubre de 2019
21.10.2019
La Opinión de A Coruña
"QUÉ DUDA CABE!"

O mellor, Dani; pouco máis que dicir

20.10.2019 | 22:39

Isto xa é máis que preocupante e non o digo so polo marcador, porque antes do primeiro gol do Málaga alguén ao meu carón espetoume: "cando Dani Giménez é o mellor do partido e Munir non tivo que facer unha soa parada algo sigue moi mal". So puiden respostar un "tes razón". En momentos de desesperación vas con todo o que obriga a destaparse por atrás, pero esa desesperación leva a acosar ao adversario na súa zona, algo que só aconteceu durante uns minutos, moi poucos. Xa non é como xogues, é submeter ao rival e non deixarlle osíxeno para respirar, algo que o Málaga atopou en todas as zonas do campo. Só Dani foi quen de quitarlles esa vía de respiración, ata que deixou de facelo; mentres, os compañeiros estiveron submetidos ao conxunto andaluz. Mágoa. Noxo. E nesas, o seu colega, Munir, limitouse a sacar de portería. A causa? É asunto de Luis César e os futbolistas. Algo que hai que amañar de forma urxente. Porque un pode aceptar moitas cousas, pero hai outras que non acado a comprender, e unha delas é como un equipo nesta situación non crea nin unha soa ocasión de gol, como non é quen de abafar ao adversario, mesmo con patadóns cara arriba, sen máis. Xa non é tanto a forma „Luis César precisa moito máis tempo„ como o feito de facelo. Non hai moito, cando un equipo ía perdendo e cos cambios feitos o adestrador colocaba ao central de dianteiro centro para ver se pescaba alguna pelota. Pois iso mesmo, e onte non o houbo. Tampouco no resto dos partidos. Por iso Munir foi un espectador; por iso Dani non puido nin despistarse un segundo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook