15 de diciembre de 2019
15.12.2019
La Opinión de A Coruña
"QUÉ DUDA CABE!"

As formas xa non importan

14.12.2019 | 23:38

Os números din unha cousa, que permite pensar en positivo, pero as sensacións din todo o contrario. Eu xa non vexo solución. É como se onte se asinase a sentenza. E non o digo polo fútbol que desenvolveu o equipo, que non existiu, senón polos recursos futbolísticos para gañar un partido. Xa me vale calquera cousa, manter a porta a cero e patadón e a correr, é un recurso, quizais sexa o recurso da desesperacion, pero ten funcionado. Claro que os teóricos, eses que non saben o que é un balón, estarán en desacordo. Hai que gañar e para gañar hai que marcar goles (obviedade), e sen rematar/disparar non hai. Vexo medo a ter o balón, pois patada ao área e algún pillarei, que non estea preto da miña portería porque iso é traducido en gol do rival. Onte volveu acontecer. E tampouco se fai nada para mudar esta dinámica, que para min é mental sobre todo, porque onte, que pasou? O cambio de dous nomes arriba, nada máis. E entendo que xogar como un quere leva un tempo, pero agora non hai tempo nin para xogar. É so tempo de gañar. E empregar as armas precisas, malia que un non estea afeito a elas. Rematou o tempo da teoría, dos sentimentos, agora só conta gañar como sexa. Si, aínda que sexa cun patadón desde área propia. Non interesa nada máis que salvar a vida (deportiva) e cando un pretende sobrevivir acode a todo o que ten preto del. Non quero un pase de sesenta metros e un control preciso, quero un gol a prol do meu equipo, sexa como for, porque ese tanto pode significar tres puntos. Ese gol! Iso que é cando o balón entra na porta contraria. Iso! Sen chute, claro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook