"Despois de anos de sufrimento lembro quel día como un gran estourido de emocións na nosa cidade", asegura o músico Bieito Romero. "Naquela altura eu era copropietario da emblemática Cova Folk, lugar de encontro de moitos deportivistas, e as noites de celebración eran inacabables", continúa o líder do grupo Lúar na Lubre sobre a noite na que o Dépor gañau a Liga: "Bonitos tempos, fermosas lembranzas!".