Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

"Qué duda cabe!"

Os mesmos máis Aketxe

Ager Aketxe, ayer durante el partido contra el Huesca.

Ager Aketxe, ayer durante el partido contra el Huesca. / Carlos Pardellas.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Falta pouco para cruzar a liña da meta marcada cando 2019 se estaba apagando, cando pensar en chegar era case unha utopía. Onte gañou como gaña o Deportivo de Fernando Vázquez, con sufrimento, pola mínima e remontando. E iso que de punto de partida arrancou con once dos xogadores que aló polo mes de decembro se arrastraban polos campos -penso que máis por mor dos resultados negativos que polo potencial do plantel-. Algo mudou porque os protagonistas dos números que ofrece o Deportivo son produto do traballo dos futbolistas que comezaron a temporada e, sobre todo, do director desta orquestra: Fernando Vázquez. Os músicos son os mesmos que estaban en agosto. Só é un dato obxectivo. Só mudaron dúas cousas, o adestrador e que os futbolistas xogan sen a presión existente antes do Nadal. E xa só encol dos futbolistas, hai un que medrou por riba de todo, aínda que iso de medrar é para o deportivismo que non soubese quen era antes de chegar aquí: Ager Aketxe. Dicir que ten unha zurda marabillosa non é novo. O que está a facer neste 2020, non só desde a volta á competición, é de futbolista. Ten fútbol, ten unha luva, e todo iso o está a pór ao servizo do equipo, coa particularidade de que tamén cobra protagonismo polo que significa marcar, e xa leva dous partidos consecutivos facéndoo. Interesante e trascendental, pero Aketxe está facendo moito máis. E mesmo defende coma un condeado! Anota, golpea, marca os tempos, pasa, axuda... tremendo ano do vasco, que cando chegou acó semellaba que estaba só para participar nas xogadas a balón parado. Tanto, que había quen dicía que debía existir o cambio volante coma noutros deportes para que tivese un rendemento superior. Eu dixen no seu momento que se iso pasase no fútbol Aketxe estaba na elite do fútbol. E agora está amosando que ten máis, non ofrece só o que ten nesa zurda; aporta o que leva na súa cabeza. Mágoa que non haxa máis coma el e cunha zurda moi semellante.

Tracking Pixel Contents