Onte faltaba o pivote no centro do campo, ese central que protexe á defensa e os centrocampistas, que foi un invento dos anos 90, quizais como unha má copia do 5 do fútbol suramericano. E pasou algo? Falo no eido defensivo. Aketxe, Gaku, Vicente, Çolak foi a liña de catro inicial na medular. Quen defende? Pois todos. Un facíao coa ollada, pero vale. A primeira forma de defender é ter o balón, foi a empregada onte; mesmo cando Gaku quedou na caseta e entrou un dianteiro, Borja Valle, ese que amosa que controla isto do fútbol malia que teña que exercitar automatismos que nunca lle foran esixidos na competición profesional. O do berciano era mirar cara diante, é dianteiro. Agora olla cara todas partes. E si como un 5 suramericano, con control do espazo e control do balón. E eu con esta imaxe do xogo e o Deportivo xa perdía. Debo ser raro. Certo que un gol muda todo, pero eu seguía e sigo coa miña teima. O Deportivo xogou ao que quería, con certas carencias, e o Málaga fixo o que puido para tentar marcar. Fíxoo porque o Toca cada vez que toca monta unha desfeita. Non digo que sexa mal árbitro, é pior; ou sabe o que pita. Eu non teño dúbida. Certo é tamén que en ataque non houbo case nada e así non se pode gañar. Fernando dixo que era o culpábel por interpretar mal o partido, non o discuto; pero o fútbol é dos futbolistas e cando os que teñen que marcar diferenzas non están, pouco se pode facer. Eu gustei do xogo, pero debín ser o único porque no concordei con niguén. En ataque nada salientábel, so algunha chegada, iso que había centrocampistas e non pivotes. Non estiveron acertados os futbolistas ou faltan automatismos que cómpre recuperar, pero non agora, mellor deixalo para máis adiante. Agora hai que sumar. Con gañar ao Extremadura debería abondar, en parte pasa polo que fagan hoxe Albacete e Numancia, pero quen firmaba estar nesta situación hai meses. A cousa non está ben; pero podería ser pior. Esta vez é porque Toca, verdade cántabro?