O CSD semella que acougou a parte do deportivismo co traslado á Fiscalía do asunto Tebas-Fuenlabrada. Outro paripé, ou o mesmo porque isto non é máis que un novo paso dun conto que está argallado hai tempo. O CSD deulle pulo a Javier Tebas o pasado 27 de agosto cando rexeitou unha Segunda División con 24 clubes; o presidente de LaLiga mantívose firme nesta postura desde o comezo. Fíxoo só porque quería protexer ao Fuenlabrada? Ou o fixo porque o que pon os cartos da televisión é o que manda? Si, ese que tampouco quería unha liga con 24. E cal é a causa de que o CSD dea este paso cando este organismo ten potestade e tivo a oportunidade de arranxar o lío. Curioso que a canle que adiantou a nova que anunciaba o traslado do asunto á Fiscalía fose La Sexta! Unha canle da que é dono o que pon os cartos pola retransmisións dos partidos. Estratexia ben matizada. O que decide. Ou non é iso de quen paga manda?