El pleno del Ayuntamiento de A Coruña ha aprobado por unanimidad una declaración institucional que, en reacción a los "graves prejuicios sanitarios, económicos y deportivos a la ciudad" por el denominado caso Fuenlabrada, señala al presidente de LaLiga, Javier Tebas, como persona non grata en A Coruñadeclaración institucionalcaso Fuenlabradapresidente de LaLiga, Javier Tebaspersona non grata y manifiesta el apoyo del Concello al Deportivo y expresamente a su capitán, el futbolista coruñés Álex Bergantiños, delante de "los hechos ocurridos en A Coruña durante los meses de julio y agosto, conocidos como 'Caso Fuenlabrada'".

Al texto, que los grupos negociaron esta misma mañana horas antes de la sesión plenaria, se han adherido todos los partidos con representación en la Corporación municipal coruñesa, y recoge también la petición de dimisión de la presidenta del Consejo Superior de Deportes (CSD), Irene Lozano, además de reclamar al delegado del Gobierno en Galicia -y exalcalde de A Coruña- Javier Losada que rectifique "declaraciones en las que apoyaba la incomprensible actuación del CSD en lugar de defender al RC Deportivo y a su ciudad".

A continuación recogemos el texto íntegro de la declaración institucional aprobada hoy en A Coruña:

DECLARACIÓN INSTITUCIONALDiante dos feitos ocorridos na Coruña durante o mes de xullo e agosto que, coñecidos como Caso Fuenlabrada, provocaron graves prexuízos sanitarios, económicos e deportivos á cidade, o Pleno do Concello da Coruña por unanimidade quere emitir a seguinte Declaración Institucional:1- Desde principios do presente ano de 2020, todos vimos realizando un enorme esforzo para conter dentro do posible as terribles consecuencias da pandemia do COVID-19. As importantes restricións, como o longo confinamento, atoparon unha resposta exemplar por parte da cidadanía, que con moi escasas excepcións continúa a día de hoxe a seguir escrupulosamente as medidas das distintas administracións para frear o virus. Este sacrificio supuxo e supón un enorme reto diario que atinxe a todas e todos. Polo tanto, ningunha institución ou sector, por moi importante que sexa ou que se sinta, está por riba destas normas, dispostas para coidar do máis relevante que temos: a saúde pública.2- O pasado luns 20 de xullo, o Club de Fútbol Fuenlabrada, co aval da Liga de Fútbol Profesional, viaxou á Coruña e se instalou na cidade a pesar de que desde dous días antes sabía da existencia dun brote de Covid-19 no equipo, malia o cal se desprazaron en avión e autobús e acudiron e se moveron polas instalacións dun céntrico hotel. Finalmente, ao descubrirse a gran dimensión do brote, a expedición tivo que ficar en corentena, causándolle polo efecto mediático un enorme prexuízo á actividade económica da cidade, así como impedindo, tras a inxusta decisión da Liga de disputar o resto da xornada, que o Real Club Deportivo puidese defender en igualdade de condicións a súa permanencia en Segunda división. Polo tanto, nin o Fuelanbrada nin a Liga actuaron como indican as normas, causando un forte dano sanitario, económico e deportivo á Coruña.3- Por todos os feitos ocurridos, manifestar polo tanto:• O seu recoñecemento cara ao RC Deportivo e o seu apoio a todas as accións e medidas que adopte o consello de administración para defender os seus lícitos intereses deportivos e sociais.• A súa solidariedade co capitán deportivista, Álex Bergantiños, un exemplo como xogador, como capitán e como persoa, e un referente para o deportivismo pola súa implicación, determinación e entrega na defensa dos valores deportivistas, demandando do Goberno do Estado a apertura dunha investigación e a depuración de responsabilidades pola detención irregular de Álex Bergantiños.• O seu rexeitamento máis absoluto á actitude hostil mostrada pola Liga de Fútbol Profesional cara ao RCD, un dos seus membros fundadores e con maior palmarés, sen xustificación algunha.• O seu apoio a todas as accións legais que se impulsen para esixir responsabilidades por todo o acontecido. Esixir da LFP a reparación dos danos na imaxe da cidade que a viaxe do C.F. Fuenlabrada causou, e que tivo graves consecuencias económicas polo impacto no turismo e na hostelaría. Trasladando o apoio do Concello a este sector afectado.4- Asi mesmo, considera imprescindible:• que a Presidenta do Consejo Superior de Deportes, Irene Lozano Moreno, presente a súa dimisión, e de non facelo a que o Goberno de Estado proceda ao seu cesamento, por premiar coa súa decisión do 27 de agosto de apoiar unha liga de 22 equipos a quenes incumpliron as normas deportivas e sanitarias e castigar ás únicas vítimas que cumpliron con todo en todo momento, e converterse desde ese momento en cómplice dos reiterados incumprimentos da LFP e da SD Fuenlabrada, das manobras de Javier Tebas pai e de Javier Tebas fillo e dos seus escuros intereses familiares relacionados có CF Fuenlabrada.• que o Goberno do Estado inste ante o Consello Superior de Deportes a inhabilitación de Javier Tebas como Presidente da Liga de Fútbol Profesional.• Reprobar ao presidente da LFP, Javier Tebas Medrano, polos seus ataques e comentarios despectivos cara ao RCD, a pesar de recoñecer que foi o máximo responsable de permitir viaxar á expedición do CF Fuenlabrada á nosa cidade sendo coñecedor da existencia de varios contaxiados desde polo menos dous días antes e, por tanto, poñendo en perigo a saúde dos coruñeses, coa sua declaración como persoa non grata na cidade da Coruña.• Esixir ao Delegado do Goberno en Galicia e ex Alcalde da Coruña, Javier Losada, a rectificar as súas declaracións nas que apoiaba a incomprensible actuación do CSD en lugar de defender ao RC Deportivo e a súa cidade.5-Por último, o Pleno do Concello reafirma o seu compromiso coa saúde pública e agradece públicamente o comportamento da cidadanía na grave crise que atravesamos. Así mesmo, amosa o seu recoñecemento a todas as persoas e institucións que apoiaron á cidade, así como agradece que a Real Federación Española de Fútbol si cumprise coas súas obrigas institucionais. Así mesmo, este Pleno lanza de novo un berro de apoio a un dos grandes símbolos e motores económicos da cidade, o Real Club Deportivo, que nestes complicados intres seguirá tendo aquí, en María Pita, un aliado, así como nos milleiros de coruñeses e coruñesas que volverán dar un exemplo de amor ao branquiazul na tempada que está a piques de comezar. A Coruña é unha cidade orgullosa e con valores. Seguirémolo demostrando.A Coruña, a 10 de setembro de 2020.DECLARACIÓN INSTITUCIONAL