O caso de Rolan semella o de Sylvain Wiltord, aquel dianteiro francés que asinou polo Deportivo en 1996, pero nunca chegou vestir a zamarra branquiazul; nen tan sequera pisou Riazor. Son situacións moi parellas, pero cunha diferenza importante como é o comportamento dos futbolistas: Rolan adestra co equipo e mesmo xogou algún amigable; Wiltrod fuxiu e ademais falando mal do clube. Ambos xogadores tamén teñen en común o Girondins de Bourdeaux. Este clube galo foi o que fichou a Wiltord e tamén o de procedencia de Rolan. Causalidades que se dan. Daquela o Girondins deixou na praza de Pontevedra perto de mil millón de pesetas (uns seis millóns de euros) a cambio do futbolista francés e desta foi o Deportivo o que ingresou na caixa dos de Bourdeaux uns catro millóns polo uruguaio. Desde o lado económico Wiltord deixou beneficios no Deportivo aínda sen pór a súa camiseta; no caso de Rolan a cousa está a piques de igualarse, pois as cesións deixaron na caixa do clube coruñés unha cantidade que se achega ao que se pagou por el en 2017. Que Wiltord non ficase foi un acougo, porque nunca deixou boa imaxe onde estivo, nin no Girondins, nin despois no Arsenal. Gañou cartos e títulos, pero non respecto. Rolan, a lo menos, semella ter o respecto dos seus compañeiros de Abegondo e el corresponde.