Deportivo Abanca
Paula Novo: «Quero estar aquí moitos anos e chegar a ser importante no primeiro equipo»
"De carrileira era unha posición nova, pero Fran cree que podo aportar e eu estou encantada", explica da súa adaptación á Liga F

Paula Novo posa cunha pelota na cidade deportiva de Abegondo / Casteleiro / Roller Agencia

Paula Novo (Boiro, 2005) faise un oco na plantilla que dirixe Fran Alonso por méritos propios. A defensora chegou en idade cadete e foi rachando etapas. Tras superar unha lesión de xeonllo e converterse nunha peza capital do filial, co que loita por ascender a Segunda Federación, cumpre metas e mira a un futuro que agarda que pase por Riazor e por «disfrutar do día a día» e do proceso
Tócalle compaxinar primeira e segunda plantilla. Como o leva?
Estas últimas semanas puiden xogar menos co filial, este ou non con elas, están a facer un gran traballo. Levamos todo o ano nunha gran dinámica e iso o demostra a posición na que estamos. Despois deste parón temos plena confianza de que poderemos chegar ao obxectivo. Sabemos que estamos moi cerca e levamos anos loitando.
Notou o salto á Liga F?
Está claro, son tres categorías, obviamente a competitividade que se esixe, o ritmo, o nivel… é un cambio brutal. Pero estamos acostumadas a ese ritmo nos adestramentos. Creo que me estou adaptando bastante ben. Aínda estou empezando. Quédame moito por andar.
Que lle pide Fran Alonso? Tócalle xogar no carril.
De carrileira era unha posición nova para min, pero Fran cree que podo aportar e eu estou encantada. Sexa aí ou de central. Sempre me esixe, sobre todo defensivamente. Son ritmos de partidos que che obrigan a estar moi concentrada.
Un dos seus mellores encontros foi ante o Madrid. Defendeu nun día a Athenea, Caicedo e Olga. ¿Sentiu algo de nerviosismo?
Son algunhas das mellores xogadoras do mundo. Creo que estiven moi segura en defensa e coa axuda do equipo o solventei bastante ben. Antes do partido podo pensalo, pero logo nunca me poño nerviosa ao xogar. Solo hai que manter a calma e ter a confianza nese momento.
Apoiase nalgunha xogadora para recibir consellos? Henar sempre anda enriba, está Cris...
Con esas dúas teño unha gran relación. Sempre me dan os mellores consellos. Xa teñen moita experiencia. Son dúas xogadoras que me aportan moita tranquilidade.
Onde comezou a súa paixón polo fútbol?
Meu pai foi adestrador e o meu irmán xogaba. Eu moitas veces ía con meu pai a adestrar aos seus equipos. O fútbol era moi familiar na miña vida. Aos sete anos díxenlle que eu tamén quería empezar. Foi no Cabo de Cruz, que logo pasou a ser as escolas de Boiro.
" O fútbol era moi familiar na miña vida. Aos sete anos díxenlle ao meu pai que eu tamén quería empezar"
Axuda ter un pai adestrador? Falan moito dos partidos?
Si, el sempre me intenta dar os seus consellos. Tamén é verdade que sempre me deu liberdade, nunca me puxo presión. Moitas veces falamos dos partidos cando os pode ver, as veces non estamos da cordo, pero sempre se porta ben.
E Logo, ao Dépor.
En cadetes de segundo ano chamoume o Dépor para estar entre o filial e o Orzán, pero xa empecei a xogar no Dépor B. O primeiro ano ía e volvía todos os días na furgoneta do club. O seguinte xa viñen para a residencia para facer bachiller.
Tivo unha lesión moi longa. Que supuxo para vostede?
Unha lesión tan grave como a do ligamento cruzado afecta. Naquel momento se me veu o mundo un pouco abaixo. Pero con todas as miñas compañeiras, o apoio da miña familia e os servizos do club leveino moi ben. Axudáronme a volver o mellor posible. Dende aí, sen apenas lesións. Foi duro porque tamén sénteste algo apartada do grupo porque todas as compañeiras fan todo xuntas e ti estás cos readaptadores, cos fisios… pero leveino bastante ben e intentei apoiarme nelas sempre.
"Con Cris e Henar teño unha gran relación. Sempre me dan os mellores consellos"
Como foi a súa estrea en Riazor?
É impresionante xogar en Riazor. Durante moitos anos ías a ver ao equipo masculino. Entrar no campo, velo ti dende o céspede... impresiona moito. É ilusionante e unha sorte poder vivilo.
Imaxínase moito tempo aquí?
Si, estou moi ben na Coruña e moi contenta no Dépor. A miña idea é poder estar aquí moitos anos e chegar a ser alguén importante no primeiro equipo.
Sodes unha xeración que leva xa un tempo a facer ruído na canteira. Soñades co salto xuntas?
Sempre son pensamentos que che veñen a cabeza. Levamos moito tempo xuntas no filial e o obxectivo é chegar a ter esa posición no primeiro equipo. Pero non ten que preocuparnos moito, se traballamos ben chegará co tempo. Hai que disfrutar do día a día.
Pase o que pase na recta final, esa vitoria en Balaídos quedará para toda a vida. Como foi?
Foi un día moi especial por cómo foi a vitoria no minuto 91 e cun gol de Marta Rico que levaba moito tempo sen poder xogar. Foi moi especial para todas.
- Amancio Ortega, fundador de Inditex, gana por primera vez más de 10.000 millones: 1,1 millones por hora
- Las excavaciones del Chuac de A Coruña retirarán más de 1,8 millones de toneladas utilizables: cimentarán la vía Ártabra y se usarán en rellenos del puerto exterior
- El primer día de cinco negocios de éxito en A Coruña: 'Teníamos la puerta abierta y no entraba nadie
- El Deportivo - Elche podrá verse gratis pero no por televisión convencional: te explicamos cómo
- Así llega el Elche, el rival del Deportivo: entre el vértigo y el riesgo de Anselmi
- Amancio Ortega acelera la rotación de su imperio: de casi no vender nada a desprenderse de activos en París, Seúl, Nueva York, España y Portugal
- El barrio de San Roque de A Coruña recupera sus fiestas después de 40 años: 'Me encantaría disfrutar de la celebración como lo hacía cuando era joven
- El Deportivo estrecha el cerco sin acelerar por el central zurdo: Brassier, Zézé, Jesus...