«O Dépor é da Coruña», un chío que resoou na previa do Cádiz

A plataforma ‘Aquí tamén se fala’ repartiu miles de colantes entre os afeccionados antes do duelo

Membros da plataforma ‘Aquí tamén se fala’. |  Cedida

Membros da plataforma ‘Aquí tamén se fala’. | Cedida

Xane Silveira

Xane Silveira

A Coruña

Cunha pancarta xigante e 15.000 colantes que repartiron entre os afeccionados, a xente da plataforma Aquí tamén se fala tivo a súa primeira xornada de contacto co deportivismo logo de anunciar a pasada semana a campaña «O Dépor é da Coruña», ca que pretenden que o club cambie o topónimo no seu nome polo oficial da cidade, suprimindo a letra ‘L’ no artigo. Unha proposta que xa levaba varios días facendo moito ruído a través das redes sociais e que tivo unha gran aceptación na rúa nos arredores do estadio.

A plataforma, que agarda poder poñerse en contacto co Deportivo, conta cunha gran cantidade de firmas de distintas personalidades, onde destaca a do excapitán e lenda do club, Álex Bergantiños. Xunto ao 4, nun manifesto que encoraxa o club a restituír o topónimo á súa forma oficial, están representados todos os institutos da Coruña, o presidente da Real Academia Galega, o reitor da Universidade da Coruña ou a presidenta do Consello da cultura galega.

O día acompañou aos voluntarios e voluntarias que se encargaron de repartir 15.000 colantes entre toda a xente que estivo na previa do encontro. Entre os presentes, atoparon o apoio tamén de Daniel Cuiña, socio número seis do Deportivo.

Tracking Pixel Contents