Segunda División
Loureiro pensa que en Santander será moi importante "ser sólidos e conceder pouco"
"Eu estou cómodo en todas as posicións", pecha sobre se debe xogar de lateral ou de central

Miguel Loureiro / Fernando Fernández
Miguel Loureiro incide en "prestar moita atención no aspecto defensivo" de cara a unha semana na que o Deportivo debe enfrontarse a un dos grandes rivais da categoría. Chega o Racing de Santander, terceiro clasificado cos mesmos 16 puntos que leva o Dépor. "Hai que intentar non cometer erros. Ser sólidos e conceder pouco é moi importante na categoría. O outro día non foi o mellor partido nese aspecto", remarca tras un 3-0 en Málaga que debe servir para "corrixir" e "sacar lecturas positivas" sen caer "en pesimismo" por encaixar tres goles.
"Temos que tratar de buscar ese equilibrio de estar xuntos. Sabemos que somos fortes aí, un equipo difícil de atacar, a solidez é moi importante e hai que tratar de encontrar ese equilibrio", analiza o cercedense, que é "consciente do que espera" ante un dos equipos con máis pólvora da categoría.
Despois do domingo, no que Loureiro regresou ao lateral dereito, o ex xogador do Huesca ou do Córdoba non cree que a súa posición sexa un debate real porque el está cómodo tanto na banda como no centro da zaga: "Eu estou aberto a participar onde o equipo o necesite. Eu estou cómodo en todas as posicións, non son descoñecidas para min". Ademais, cree que esa polivalencia é "importante" para todos os futbolistas. "Penso que moitas veces tratamos de facer os análises e somos resultadistas. Non creo que fose por iso. Cando o equipo perde 3-0 é máis complicado que dende fora se vexan cousas positivas. Creo que fixen moitas veces esa posición de lateral. Xogar ante un coñecido non me afectou, debería ser máis unha vantaxe que unha desvantaxe", insiste sobre que xogar no carril do 2 non foi importante para o resultado final do encontro.
Loureiro tamén falou do seu papel no vestiario. Pouco a pouco, se está a converter nun líder: "O final penso que aquí había xente con moita experiencia, moitísimos partidos na categoría. Para nada me toca a min eso. Pola miña forma de ser, de xogar, son un xogador intenso que penso que pode contaxiar esa enerxía aos compañeiros e se pode ver un pouco mais esa especie de liderazgo. Non é algo que force. Os da liña de atrás temos que comunicar e ordenador. Todos o tratamos de facer. É algo importante para os equipos".
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- Fallece un larachés de 36 años en un accidente cerca de Ledoño
- Uno de los planes más esperados de la Navidad regresa a A Coruña
- El portero que saltó a la fama en A Coruña, puso de moda los pantalones largos y acabó su carrera en Sabadell
- Protesta de taxistas en A Coruña: una caravana para denunciar intrusismo de los VTC
- Fallece un larachés de 36 años en una colisión múltiple cerca de Ledoño
- La Fiscalía recurre la sentencia por la demolición de Casa Carnicero, en Oleiros
- Así buscará fichar de nuevo el Sporting a Yeremay en enero