Segunda División
Loureiro: "Esta maneira de gañar reforza ó equipo"
"Cada semana temos unha proba do que costa gañar un partido", argumenta o lateral

Miguel Loureiro / Fernando Fernandez
Miguel Loureiro pide poñer «moi en valor» os resultados do Dépor, tras acadar a súa cuarta vitoria consecutiva. «É moi complicado. Cada semana temos unha proba diso, do que costa gañar un partido nesta categoría», expresa, e engade que sufrir tamén é positivo para acadar resultados: «Esta maneira de ganar reforzar o equipo e reforza tamén esa sensación de que somos capaces de sufrir cando toca».
O defensa cercedense dálle moi valor a unha xeira que sitúa ao Deportivo no alto da táboa: "Despois de cada partido, agora que levamos esta racha tan boa, hai que darlle valor. Reforza ao grupo. Hai que celebrar cando se gaña. É moi difícil acadar esa regularidade, para min iso é o máis importante, hai que darlle valor ó traballo do grupo día a día e estase vendo reflexado".
Cre, ademais, que a sensación de sufrir é mais externa que interna: "Non creo que os rivais cando xogan contra nos teñan esa sensación de que non temos os partidos controlados. Somos un equipo que podemos adaptarnos a diferentes tipos de encontros. Temos moitas armas, podemos adaptarnos a non ter a pelota e ser moi perigosos pola xente que temos arriba".
Loureiro considera tamén que controlar todos os encontros é difícil e tamén hai que gozar de sufrir: "Queda un pouco esa sensación porque terminas o partido do outro día e tócache defender. Pero é algo natural da categoría e tocará máis veces. Esa maneira de gañar reforzar ó equipo e reforza tamén esa sensación de que somos capaces de sufrir cando toca, de pasar momentos malos. Ao longo dunha tempada é fundamental, non so a nivel de partido, senón de cultura de equipo, de filosofía de equipo, e o temos moi claro. Creo que os partidos están mais controlados do que da a sensación".
O valor da experiencia de Hidalgo ante os malos momentos
O cercedense, que xa traballou con Antonio Hidalgo no Huesca, cre que o técnico, nos momentos máis difíciles, sempre saca o seu xene competitivo y anima ao vestiario, aportando confianza ao grupo. "O míster ten unha experiencia dilatada, penso que sabe de que vai esta liga mellor que ninguén. Son momentos normales, hai que pasalos. O máis importante é a maneira na que consegues pasalos", explica sobre os malos resultados.
Loureiro engade que cos bos resultados, sae "reforzado", pero o traballo ven de atrás: "Conseguimos manter a calma, el tamén transmitiunos esa confianza. O equipo creo que soubo estar xunto e pasar os malos momentos, conseguir esa vitoria importante en Zaragoza que nos deu tranquilidade".
O equipo ten claro cal é o camiño a seguir: "Temos todos claros cal é o camiño, el marcouno dende o primeiro día, creo que está moi claro, esa exixencia, compromiso, traballo diario, que é o que leva por bandeira, e nos o collemos moi ben e o temos gravado".
Loureiro advirte antes do Albacete - Deportivo
O lateral dereito pon en aviso aos seus compañeiros de cara á visita desta semana ao Belmonte: "Penso que é un partido moi perigoso, difícil, é un campo complicado o Belmonte. É un equipo que compromete moito, con individualidades moi boas. É un equipo pensado para pelear por todo. Sabemos o difícil que vai ser".
- Así está la clasificación de Segunda División: El Racing asalta el liderato y el Deportivo cae a la segunda posición
- El Superior establece que empleados de la basura de A Coruña aumentaron las averías en la huelga del año pasado
- La huella del expresionismo en las fachadas de A Coruña: 'No eran solo para una burguesía adinerada, las hay en barrios obreros
- Quince años de humedad y cinco concursos desiertos en un edificio de A Coruña: «La gente está desesperada»
- El Concello de A Coruña da licencia para convertir más de 40 bajos en vivienda en lo que va de año: se alquilan por hasta 2.000 euros
- Larguísimas colas para acceder al Zara navideño de A Coruña en este lunes festivo
- La premiada taquería mexicana de A Coruña que celebra tres años en Agra do Orzán: 'Nos diferencia el sabor auténtico y callejero
- La cena de murciélagos en el río Barcés de Cambre