Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Gilsanz: "No Deportivo estanse a poñer as pedras para volver a Primeira"

O ex adestrador dirixiu a 10ª edición do adestramento solidario en Betanzos

Oscar Gilsanz no adestramento solidario do ano pasado

Oscar Gilsanz no adestramento solidario do ano pasado / CARLOS PARDELLAS

Óscar Gilsanz cumpriu un ano máis co xa tradicional adestramento solidario que se leva a cabo en Betanzos no Nadal. O pasado sábado, na súa localidade natal, o ex adestrador dirixiu unha sesión moi especial no campo do Carregal, dedicada a nenos e nenas de entre seis e anos. A cota, un xoguete novo que vai entregado a Cruz Vermella local.

O betanceiro falou da bagaxe do Deportivo, no que considera que o club ten estabilidade e estanse «a poñer as pedras para volver a Primeira División» e amosouse moi feliz cos resultados do equipo: «Sempre estou contento de que aos meus ex-equipos lles vaia ben», comentou nunhas declaracións recollidas pola TVG.

«Sobre todo agora estou vendo moito fútbol, categorías que non tiñas tan controladas, e ver adestrar a outros compañeiros e intentar seguir formándonos», respondeu Gilsanz á pregunta sobre a que adica o seu tempo agora que non está dirixindo a ningún equipo tras saír o pasado mes de xuño do Deportivo.

«O gusanillo nunca o perdes. O gusto polo campo, polo céspede, por estar no día a día, é o que nos anima. Hai que esperar o sitio oportuno», engade sobre a posibilidade de volver a adestrar nun futuro próximo.

Tracking Pixel Contents