Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Os Riazor Blues amosan o seu apoio ao Deportivo en Abegondo: "Aquí non se rende ninguén"

"A catro puntos de Primeira", reza a pancarta na grada da cidade deportiva

Pancarta en Abegondo

Pancarta en Abegondo / LOC

Xane Silveira

Xane Silveira

Abegondo

"Aquí non se rende ninguén". Así amenceu esta mañá Abegondo, cunha mensaxe de apoio ao club e aos xogadores por parte dos Riazor Blues, que tomaron a iniciativa de colocar unha pancarta na grada de Abegondo, que rezaba o camiño que a afección percorreu nos últimos anos. Dende a Primeira Federación fai xusto dous anos, ata o momento actual, no que o conxunto branquiazul está en disposición de disputar o ascenso directo. Tras tres derrotas consecutivas e un empate, é a forma do grupo de buscar unidade no deportivismo para a segunda parte da tempada.

Os Riazor Blues tomaron a iniciativa tras algunhas xornadas nas que parte do público de Riazor mostrou o seu descontento co xogo do equipo e ca deriva tras varios malos resultados. Aínda así, o Deportivo está inmerso na carreira polo ascenso directo a Primeira División, unha situación difícil de imaxinar fai dous anos, cando o conxunto daquela dirixido por Imanol Idiakez arrancou unha xeira imparable ata o ascenso a categoría de prata.

A realidade competitiva do Deportivo indica que está, a día de hoxe, con 33 puntos, a catro do ascenso directo e a cinco do liderado. Precisamente, esta fin de semana xogarán contra a UD Las Palmas, segundo clasificado; e, tras xogar co Almería, o Dépor pechará xaneiro enfrontándose ao Racing, líder da competición. Tres enfrontamentos directos que poden virar a deriva e devolver o equipo á pelexa polas primeiras prazas.

Os Riazor Blues, na mañá do xoves, amosaron o seu apoio ao equipo e tamén, a través de redes sociais, cunha mensaxe para unir o deportivismo e loitar todos xuntos co mesmo obxectivo.

Tracking Pixel Contents