Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Deportivo

A Federación de Peñas traslada ó Deportivo o seu "malestar" polo ambiente en Riazor: "A nosa forza non pode ser cortada"

O club, aberto a escoitar e matizar a súa proposta | A Federación desexa que o fútbol non se convirta nunha "imitación de espectáculos alleos" á identidade branquiazul

Un aficionado.  | |  CASTELEIRO / R. A.

Un aficionado. | | CASTELEIRO / R. A.

Xane Silveira

Xane Silveira

A Federación de Peñas Deportivistas reuniuse co club este xoves para trasladar o malestar xeral da afección branquiazul ca deriva do ambiente en Riazor. Moitos seareiros amosáronse amolados ca experiencia vivida no partido ante o Racing de Santander. "A nosa forza non pode ser cortada", reclama, nun comunicado.

"Este xoves mantivemos unha reunión co clube para trasladar o malestar maioritario do deportivismo tras o sucedido o pasado domingo en Riazor. Uns feitos que non poden nin deben volver a repetirse", comeza o comunicado, que explica que tratan de defender que o ambiente sexa "de fútbol, de deportivismo, e non unha imitación de espectáculos alleos á nosa identidade".

A Federación de Peñas demanda que o ambiente "volva á grada, sen interferencias". E explican que "a nosa forza non pode ser cortada por megafonías, actuacións ou outros espectáculos que arrefecen o calor que os xogadores deben recibir desde a bancada".

O Dépor, aberto a escoitar a afección

O Deportivo, reunido esta mañá ca Federación de Peñas, é consciente do malestar amosado por parte da afección nos últimos días. O club está aberto as suxestións, a escoitar aos seus seareiros, e a matizar a aposta que está a facer para converter Riazor nunha caldeira xornada tras xornada.

A aposta nos últimos meses pasan por ter o mellor ambiente posible, a través de diversas iniciativas tanto antes do partido, como durante o encontro, cos descansos.

Tracking Pixel Contents