Deportivo
Rubén López: "Non me vía coa confianza para saír cedido a Segunda División"
"Faltábame algo a fin de semana, necesitaba sentirme xogador", expresa sobre a súa elección | Xa debutou nun Pontevedra onde "se respira un ambiente de equipo, de persoas"

Rubén López, ca camiseta do Pontevedra / Pontevedra

Rubén López (Silleda, 2004) busca en Pontevedra, a carón da súa casa natal, a continuidade que non atopou este ano nun Deportivo que ten a súa sala de máquinas chea de xogadores. Tras contar con diversos intereses, elixiu o equipo granate, que está a pelexar por acadar o 'play off' de ascenso a Segunda División. Esta fin de semana xa debutou en Pasarón no partido ante o Real Madrid B.
Levas tan só uns días, xa debutaches, pero como está a ser a súa aterraxe?
Sinceramente, cheguei e xa estaba un vestiario que de primeiras chama a atención. O primeiro día que fun tivemos unha comida… respírase un ambiente de equipo, de persoas sobre todo. Vexo un moi bo ambiente, e se por algo van aí arriba, é polo ambiente.
Sorprendeulle algo nestes primeiros días?
A ver, a verdade é que Abegondo ten cousas que non tes noutros sitios: almorzo, comida.. aquí por exemplo o campo para adestrar é de herba artificial. Son detalles que cando saes os botas en falta, pero non é algo que me preocupe, estou cómodo.
Por que elixiu Pontevedra? Neste xaneiro houbo máis equipos interesados.
Non me vía coa confianza de saír a Segunda División, sinceramente. O final estás sen xogar e nótaste falto de confianza. Non cría que fora o idóneo para recuperala. Decidimos baixar unha categoría e aí o que máis me tiraba era o Pontevedra, ademais, son de aquí. Tiven a chamada de Rubén Domínguez, o adestrador, pareceume unha gran persoa. Amarroume e fixo que tirase cara ahí.
Que falou co míster? Vostede vén duns meses nos que xogou pouco e fóra de posición.
En principio é para xogar no medio. Eu quero intentar recuperar a confianza, axudar ó equipo, e refrescar o vestiario, porque é unha plantilla corta e haberá lesións. Hai que intentar chegar o final nesta posición e soñar co play off.
A súa saída do Deportivo
¿Notaba que necesitaba máis minutos agora en xaneiro?
Si, necesitábao e sabíao. O final, estás aí só para adestrar. Eu, é verdade, nunca baixei os brazos, sempre adestrei ben, pero a hora da realidade, faltábame algo a fin de semana. Ademáis de vivilo dende o banquillo, que obviamente o vives, porque queres gañar cada fin de semana, necesitaba sentirme máis xogador.
Foi a primeira vez que pasaba tanto tempo sen ter minutos?
Si, é a primeira vez. Non sei cantos minutos xoguei, pero é a primeira tempada que non xogo habitualmente.
"O final, estás aí só para adestrar. Nunca baixei os brazos, sempre adestrei ben, pero a hora da realidade, faltábame algo o fin de semana"
Sirve a nivel mental para sacar fortaleza?
Si, eu xa digo que adestraba sempre ben. Xogue ou non xogue adestro igual. Son sempre igual de intenso, trato de axudar o compañeiro, crear un bo ambiente no vestiario… é importante para lograr os obxectivos.
Hidalgo contou que falara vostede. Como foi esa charla?
Durante a tempada Hidalgo dime que siga a adestrar como estaba a facer, que estaba a facelo ben. Pero tamén que tiña que entender a grande competencia que había no medio, onde hai xogadores de moito nivel. Unha vez chegada a xanela de inverno, empézase a sentir que poden chegar novos reforzos, recupérase Escudero, outros xogadores, e proponme se quero saír cedido, se me apetece. Tamén que se quería, podía quedarme, que non me pecharía as portas. Eu penseino e en verdade sabía que quería saír, porque necesitaba outro aire. Nese momento póñome no mercado e empezan a saír cousas.
"Hidalgo é un moi bo adestrador. Sabe moito. É unha persoa ca que podes falar, dicheas cousas á cara"
Botou en falta algunha oportunidade máis?
Iso é cousa do corpo técnico, pero o Dépor ten un plantel moi top. O final tes moitos xogadores por posición e xogadores de gran nivel. Non pido oportunidades nin digo que me faltaran. Se eu fora o adestrador tamén me parecería difícil xestionar iso. Hai xogadores diferencias, entendo a súa posición, é difícil.
Agardaba isto no verán? Houbo equipos interesados en vostede.
O principio da temporada rexeitei todo porque quería probar sorte no Dépor. Non saíu como tiña esperado, pero eu quería triunfar co Dépor. Non saíron ás cousas como tiña na miña mente, pero serviume para aprender, e creo que eu tamén axudei ao equipo a crear ambiente. Eu intentaba sempre estar de bo humor, de carallada, crear sempre un bo ambiente.

Rubén López e Diego Gómez, presentados co Pontevedra xunto a Alberto Gil y Álvaro / Pontevedra
A súa experiencia no Barça Atlètic
O ano pasado xogou no Barça Atlètic. Como foi a experiencia?
A chegada foi moi fácil porque coñezo a Trilli e a Raúl Dacosta. Ter a xente coñecida faiche que te integres moito mellor no grupo. Era unha plantilla na que había un moi bo vestiario, ademais de grandes xogadores. Foi unha tempada complicada. Sigo sen saber como descendimos. Un por un paréceme unha plantilla que non era para descender. Logo aprendín moito. Os adestramentos eran moi dinámicos, en espazos curtos, tocar moito balón, orientarse, controles… para mín foi unha experiencia moi bonita.
Tocoulle mallar moito nos perfís, as orientacións, os controis, e nesas situacións do medio?
Si que aí o suliñan máis. A orientación do corpo, a visión, mirar. O final ao facelo tantas veces, acabas acostumándote.
Foi a túa primeira experiencia fora da casa. Como a levou?
Bastante ben. Barcelona é unha cidade grande, bonita, tes de todo, e cando quería vir a miña familia ou miña moza, nunha hora en avión estaban aquí. Gustoume vivir solo tamén. Volvería facelo.
Como ve ó Deportivo para o treito final da tempada?
Eu vexo ó equipo moi ben. Confío en que imos acadar o obxectivo. Inclúome porque eu tamén pertencín hasta hai nada. Vexo á xente con ganas, á afección que apreta e axuda. Se vamos todos a unha, si que se vai a lograr.
Que opinión garda de Hidalgo como adestrador?
Paréceme un moi bo adestrador. Sabe moito de fútbol. Sinceramente. É unha persoa que o curra moito, sabe moitos conceptos, análise de rivais… técnicamente paréceme dos mellores adestradores que tiven. E persoalmente paréceme unha persoa coa que podes falar. Vai de cara. Diche as cousas, gústenche ou non. Prefiro ser claro e que diga a verdade. Pódese falar sempre con el.

Rubén López, na Copa do Rei / Fernando Fernández
Suscríbete para seguir leyendo
- El grupo de restauración La Penela, nuevo propietario de la antigua nave de Flex en Bergondo
- Un trabajador de Teléfonica en A Coruña, ante el ERE: 'Me siento telefónico y seguiré siendo telefónico
- Arteixo arranca su Feria de Oportunidades: 'Tenemos una comerciante que lleva 23 años seguidos participando
- A Coruña bate su récord de creación de empresas con el tirón de Inditex y los pequeños negocios de los inmigrantes
- Los embargos de viviendas en Galicia se disparan un 44% y alcanzan la cifra más alta en cuatro años
- Charo se despide de Gadis tras 49 años de trabajo en A Coruña: 'Me siento muy querida
- Piscinas, diseño nórdico y lujo: entramos en las casas de A Coruña que triunfan en las revistas de decoración
- El negocio de A Coruña con 75 años de historia que pasó de la guía Michelin a triunfar con la comida para llevar: 'Vendemos cientos de kilos de ensaladilla al mes