O Deportivo adapta o seu nome ao topónimo da cidade: será da Coruña
É unha das grandes apostas no ano do 120 aniversario do club

Vista del estadio de Riazor / CARLOS PARDELLAS
Unha histórica reclamación será unha realidade neste 2026. O Deportivo decide adaptar o seu nome ao topónimo oficial da cidade. Deixará atrás a denominación que aínda está vixente, Real Club Deportivo de La Coruña, para ser Real Club Deportivo da Coruña. Hai anos que o deportivismo reclama esta modificación e moitas consellos de administración das últimas décadas non quixeron ou foron reacios a dar este paso. Será agora unha realidade no 120 aniversario do club branquiazul, que soprará candeas o 8 de decembro, festexando aquel primeiro partido no Corralón da Gaiteira ante o Coruña.
Esta vella reivindicación colleu pulo hai uns meses coa campaña do colectivo Aquí tamén se fala, asociada ao instituto Rafael Dieste da cidade, e o club tomou a decisión de consultar os socios nunha enquisa online lanzada o pasado mes de novembro. O resultado foi claro. A masa social quería un cambio e agora executarase. O Deportivo traballa neste momento en dar os pasos correctos a nivel legal e de imaxe de marca para facelo realidade.
A modificación terá que pasar por unha xunta de accionistas para trocar a citada denominación e os estatutos, tal e como ocorreu hai meses con alguns cambios no obxeto social polo que se adecuou as normas económicas da Liga e perdeu a súa vocación polideportiva. Pero non haberá problema para que saia adiante porque Abanca, accionista maioritario, posúe máis do 99% dos títulos da SAD.

Carlos Miranda
No mes de febreiro desde 2026 o propio Deportivo admitiu públicamente, a partir das verbas do seu conselleiro delegado, Masimo Benassi, nunha entrevista a LA OPINIÓN, que a adecuación do nome ao topónimo era posible: «Lanzouse unha enquisa ao deportivismo e os diferentes departamentos do club están analizando este proxecto, como se analizan outros. O ano do 120 aniversario vai tener moitísimos eventos, historias e situacións onde imos ver tamén todo o traballo que se está a facer nos últimos anos. Non somos alleos a absolutamente nada».
Historia
Vai ser a primeira modificación no nome do club en 85 anos. A última foi no 1941 cando recuperou a denominación Real Club Deportivo de la Coruña que abandonara en 1931 coa chegada da Segunda República. Neses dez anos pasou a denominarse Club Deportivo de la Coruña. Previamente, houbo dúas modificacións importantes, o 4 de febreiro de 1909, cando a Casa Real lle concedeu o título de real, co que pasou a chamarse Real Club Deportivo de la sala Calvet. En 1911, o 24 de setembro asumiu ese nome que chegou ata hoxe, Real Club Deportivo de la Coruña. En 1992 sumou a referencia á sociedade anónima deportiva na que se converteu, unha cuestión meramente formal: Real Club Deportivo de la Coruña SAD.
Unha enquisa que vai servir de guía
O pasado mes de novembro o club lanzou unha enquisa que puxo enriba da mesa o gran debate sobre a adaptación do nome do club ao topónimo oficial. Queda por saber como vai materializarse, aínda que nas preguntas á masa social de hai seis meses propoñíase unha opción: Real Club Deportivo da Coruña.
Non foi o único tema que tratou o club cos seus seareiros nese contacto que chegou a través de correo electrónico: a identificación coa entidade, o grao de orgullo en distintas áreas, a posibilidade de crear unha nova mascota e un novo himno. Moitos foron os temas a tratar. O Dépor preguntoulles, ademáis, en que xénero musical e en que lingua se debería compoñer o himno. Hai uns dias Xanma Louro, cantante de The Rapants, expresou o seu desexo de facelo.
- La panadería de A Coruña que cumple 75 años con colas en la puerta: 'Mis abuelos no tenían ni idea de pan cuando empezaron
- La confitería de A Coruña que lleva más de 40 años triunfando con sus sándwiches de miga: 'Todo el mundo dice que saben como los de Buenos Aires
- Juan Carlos Escotet recorre kilómetros: tercer partido consecutivo en la grada visitante con la afición del Deportivo
- A Coruña está hoy en aviso amarillo por lluvia y tormentas: este es el horario de la alerta
- La avenida de Santa Cristina ya es de Oleiros
- Sergi Quintela da el ascenso al Obradoiro y obliga al Leyma Coruña a pelear por la ACB en el ‘play off’
- El mesón con uno de los mejores calamares de A Coruña: 'Aquí la freidora nunca está parada
- El Puerto de A Coruña prepara la llegada a Langosteira de la última granelera de los muelles interiores
