As cervexas 1906 Reserva Especial e 1906 Red Vintage, de Estrella Galicia, foron galardoadas co premio 3 estrelas de ouro ao sabor superior polo Instituto Internacional de Sabor e Calidade de Bruxelas.

A cervexa 1906 Red Vintage, o último lanzamento da empresa cervexeira galega, obtivo a máxima puntuación, outorgada polas 14 institucións culinarias máis prestixiosas da Europa entre as que se encontran os Maîtres Cuisiniers de Francia e Bélxica, The Academy of Culinary Arts, a Federación de Asociacións de Cocineros de España, entre outros.

Estes premios únense ás dúas Medallas de Ouro obtidas por cada unha das cervexas no certame que convoca o Instituto de Calidades Monde Selection, que ademais recoñeceu os produtos de Hijos de Rivera co Trofeo Internacional de Alta Calidade.