A proximidade aos procesos electorais e as crises industriais abertas na comarca marcaron este ano as movilizacións do Primeiro de Maio na Coruña. Os sindicatos UGT e CCOO elixiron a cidade para celebrar „conxuntamente„ a súa manifestación central en Galicia, mentres que a CIG optou desta vez por Vigo. Traballadores e representantes sindicais de Alcoa, Ferroatlántica e Isowat participaron con pancarta propia na manifestación principal, na que 3.500 persoas segundo a Policía e 7.500 segundo os organizadores marcharon entre a antiga fábrica de Tabacos, símbolo do movemento obreiro coruñés, e a Delegación do Goberno. Coa formación do Executivo central no aire, os sindicatos lanzaron unha advertencia ao gañador das eleccións, o PSOE: "Pedro Sánchez ten que decidir que vai facer coa reclamación en torno ás reformas laborais e a reforma das pensións e ten que dar unha resposta a Alcoa, Isowat, Ferroatlántica, Ence e Vulcano", sinalou o secretario xeral de Comisións Obreiras en Galicia, Ramón Sarmiento.

Os tres sindicatos maioritarios en Galicia „CIG, CCOO e UGT„ coincidiron en pedir, un ano máis, a derrogación das reformas laborais „tanto a socialista de 2010 coma a do PP de 2012„ e da reforma do sistema de pensións. Recuperar dereitos para avanzar foi o lema elixido pola central sindical nacionalista. O seu secretario xeral, Paulo Carril, chamou os traballadores a "tomar a iniciativa" e enmarcou este1 de maio nas "moitas loitas que se están vivindo", como a feminista do 8 de marzo, a movilización do sector das ambulancias e a sanidade pública, a do persoal de Alcoa, Ferroatlántica e Poligal e a defensa de pensións "dignas", enumerou. Carril cargou contra o Goberno do PSOE porque dende o seu punto de vista "non tivo intención real" de cambiar as políticas do PP e mantivo o modelo económico e de relacións laborais "nacido das reformas laborais" de 2010 e 2012, que supuxeron "un verdadeiro golpe de estado aos dereitos laborais, sociais, da negociación colectiva, das liberdades públicas e do sistema público de pensións", censurou.

29

Primero de mayo | Manifestaciones en A Coruña

Un milleiro de personas marcharon na Coruña tras a pancarta da CIG entre a praza de Vigo e a Subdelegación do Goberno. A manifestación saía ás doce do mediodía, á mesma hora que CCOO e UGT partían da Palloza. Os conflitos laborais abertos na industria coruñesa, especialmente o de Alcoa, foron os protagonistas ao longo do percorrido, no que se sucederon cánticos habituais nas protestas contra o peche da fábrica de aluminio da Grela: "enerxía, solución", "goberne quen goberne a industria se defende", "queremos traballar e non emigrar", "postos de traballo na nosa terra", " Alcoa se salva luchando", " échale huevos, Pedrito, échale huevos", " ministra Maroto no nos vendas la moto" ou "¿ el estatuto dónde está?". O presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho (CCOO), expresou o cansanzo do cadro de persoal da alumineira: "Non confiamos en ningún político, enganáronnos bastantes veces", lamentou unha semana despois de que o Goberno socialista incumprira a súa promesa de aprobar o estatuto da industria electrointensiva. A xuízo de Corbacho, "o Goberno „PSOE„ ten máis forza que antes" e "o baúl das promesas está cheo", polo que lle esixiu a Pedro Sánchez que cumpra os compromisos.

Ramón Sarmiento (CCOO) tamén vestiu onte a camiseta laranxa de Alcoa e pediu un aplauso para estes traballadores no seu discurso final por ser quen de colocar o problema enerxético na axenda política para procurar unha tarifa eléctrica xusta tanto para a industria como para os consumidores, sinalou.

"CON RIVERA NON"

En varias ocasións, os manifestantes corearon a consigna "con Rivera non", para amosar o seu rexeitamento a un eventual pacto de goberno do PSOE con Ciudadanos. O lema de UGT e CCOO, Primeiro as persoas, aludía a que "as personas teñen que ser o centro", en palabras do líder de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, quen reflexionou: "Onde está o crecemento económico nas familias traballadoras? Está na banca, que volve ter uns beneficios históricos".

Na mesma liña, o secretario comarcal da CIG da Coruña, Xabier Filgueira, esixir un cambio das políticas "que están a condenar a miles de persoas ao desemprego, a ter traballos precarios e sen dereitos e á exclusión social".

Ás convocatorias de CIG, UGT e CCOO sumóuse a da CGT, máis minoritaria, que sumou douscentos participantes segundo o cálculo da Policía Local.

Na protesta maioritaria deixáronse oír tamén proclamas como "patriarcado e capital, alianza criminal", "hai que derrogar a reforma laboral", "o público é servizo e o privado, beneficio", "máis inversión en educación", "machista, escoita, estamos en loita", "os nosos dereitos non se negocian" e "ou na patronal ou na clase obreira; non hai outra maneira".

Despois dos discuros finais, tanto os manifestantes convocados por CCOO e UGT como pola CIG remataron berrando a canción do movemento obreiro, A Internacional, seguida do himno galego.