08 de marzo de 2020
08.03.2020
Datos de la firma

A Coruña, capital tecnológica de Galicia

La comarca coruñesa lidera el sector TIC gallego con más de 500 empresas que superan los mil millones de facturación || La formación y la dificultad para encontrar perfiles técnicos, entre los retos

07.03.2020 | 20:40

Creada hai case vinte anos na Coruña, Igalia é unha referencia mundial no eido dos navegadores web, tal como narra Mar Castro, socia da compañía.

Cales son os seus proxectos fundamentais?

Igalia é unha empresa cun modelo de negocio baseado en ofrecer servizos moi especializados de desenvolvemento en software libre. Concretamente en áreas como os navegadores web, compiladores, gráficos e multimedia principalmente. A meirande parte dos proxectos que realizamos dende Igalia requiren duns coñecementos moi avanzados en certas tecnoloxías, e ademais precisan de posicionamento nas comunidades de desenvolvemento para poder realizar contribucións sobre os proxectos implicados. Isto conseguímolo contribuíndo aos proxectos de software libre xerando un currículo de empresa aberto e público. Como resultado, calquera empresa que precise usar eses proxectos e que precise axuda acudirá a Igalia. Levamos 18 anos contribuíndo á mellora do estado da arte no software libre. Somos a empresa independente con máis contribucións nos distintos navegadores software libre do mercado: Google Chrome, WebKit e Mozilla Servo. Igalia é o segundo maior contribuidor a WebKit por detrás de Apple e está entre os máis activos por detrás de Google en Google Chrome. Isto fai que sexamos a empresa referencia a nivel mundial para o desenvolvemento nos navegadores web Open Source. Calquera compañía que desexe implementar novas funcionalidades, personalizar ou optimizar un navegador web, é un potencial cliente de da nosa empresa.

Na área de navegadores web, unha das nosas principais áreas, é onde se concentran a maior parte dos nosos proxectos. Hoxe en día, existe unha tendencia a introducir navegadores web que empregan tecnoloxías web HTML5 en multitude de produtos tecnolóxicos, o que se coñece como embebidos. Xeralmente os recursos hardware destes produtos son moi limitados, polo que os navegadores web que empregamos nos nosos ordenadores ou dispositivos móbiles non serven, cómpre facerlles adaptacións. Todo o traballo de facer un despregamento dun motor web nun dispositivo embebido require duns coñecementos que poucas empresas ofrecen a nivel mundial. Igalia é a primeira desas empresas.

De xeito similar, nas áreas de compiladores, gráficos e multimedia, Igalia ofrece desenvolvedores moi especializados a empresas que teñan necesidades específicas sobre proxectos de software libre desas áreas.

Temos asinados acordos de confidencialidade cos nosos clientes o que non nos permiten dicir con quen traballamos, pero si podemos dicir que traballamos con empresas de moi diversos sectores como o sector das televisións, o sector automobilístico, o sector dos Set top boxes, ascensores, etc. Todos os nosos proxectos levan implícito un grao de innovación moi alto, traballando en tecnoloxías moi novas. A modo de exemplo, podemos destacar certos algúns proxectos innovadores que estamos a realizar con diversos colaboradores:

Dende 2013, Igalia colabora con Bloomberg no desenvolvemento dunha nova especificación de CSS. O CSS GridLayout que será usado por todo o mundo para a organización de datos tabulares en HTML5 substituíndo os elementos para as táboas nas páxinas web. Do mesmo modo, tamén se está traballando na mellora do motor de JavaScript para adaptalo ás novas especificacións. Este proxecto conta con cinco persoas traballando para a súa integración no navegador Google Chrome.

Igalia conta cunha persoa investida a tempo completo que preside o grupo de traballo da W3C de accesibilidade. Entre as súas funcións está a de escribir a especificación ARIA para aplicacións ricas de internet.

Igalia desenvolve un produto chamado WPE, que é unha implementación específica do motor WebKit para embebidos que naceu da colaboración con grandes operadoras de cable de nivel mundial. WPE WebKit foi liberado recentemente e está deseñado coa simplicidade e o rendemento en mente, para poder ser executado como un navegador a pantalla completa en HW acelerado, cun consumo de recursos mínimo e implementando as API's HTML máis relevantes. WPE conta cunha comunidade crecente e xa é desenvolvido como parte da comunidade oficial de WebKit liderada por Apple. WPE está despregado en 40 millóns de STB en EEUU e Europa.

Que obxectivos ten a compañía?

Os nosos obxectivos son asentarnos mundialmente como referencia en consultoría nas áreas nas que traballamos, sendo a primeira consultora mundial en navegadores web open source aliñando eses obxectivos con outros máis orientados a manter un modelo empresarial innovador e alternativo onde os traballadores sexan os propietarios da empresa, aumentar a diversidade e seguir contribuíndo ao estado do software libre. Ademais, estes obxectivos empresariais compatibilizámolos con obxectivos de responsabilidade social, como por exemplo a doazón do 0,7% da nosa facturación a distintas ONG, intentando garantir que toda a nosa enerxía é renovable ou reducindo o noso impacto na atmosfera apoiando proxectos de reforestación.

Como valora a evolución do sector tecnolóxico na Coruña, en Galicia e España, e cales son os grandes desafíos aos que se enfronta?

Cremos que a evolución do sector tecnolóxico en Galicia é boa e que ten potencial para medrar xa que hai moito talento na nosa terra. Os aspectos que consideramos clave para medrar e avanzar son a innovación e a internacionalización.

Neste sentido, cremos que un dos retos das empresas galegas son apostar máis pola internacionalización. Consideramos que hoxe en día é imprescindible saír a buscar clientes fóra e aínda que se ven movementos en feiras internacionais, a presenza galega segue sendo baixa e aínda que a española é algo mellor, tampouco é moi alta.

e
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia