«A folga sempre é o camiño para afrontar un conflito»
Paulo Carril acaba de ser reelixido secretario xeral da CIG, cargo que ocupa desde 2017. A central nacionalista é a primeira forza sindical en Galiza, cun 31% de representación e un crecemento afiliativo histórico, que supera as 86.000 persoas

Paulo Carril. | L. O.

Revalida o cargo como secretario xeral da CIG no momento en que o sindicato alcanza un récord de afiliación e representación. Que obxectivos concretos se marca para este novo mandato?
Neste congreso o que fixemos foi situar unhas liñas de actuación que veñan confirmar a importancia do noso modelo sindical baseado na loita e a mobilización para conseguir políticas alternativas ante os gobernos e patronal, reforzar polo tanto o sindicalismo de confrontación, reforzar a negociación colectiva e a meta por un traballo digno, organizando e promovendo o conflito como o camiño para avanzar en dereitos e transformar a realidade. O tempo que tardamos en ir a mobilización e a folga é o tempo que perdemos en gañar en dereitos.
Non seu discurso falou dunha «ofensiva colonial» contra Galicia. Que medidas concretas propón a CIG para frear o «espolio» dos recursos naturais e garantir un modelo produtivo sustentable e propio?
No momento de transición enerxética, no momento de dixitalización da economía, hai unha ofensiva do capital; no caso galego non está habendo unha transición enerxética, está habendo unha reconversión industrial pura e dura. No noso Congreso figura a idea da soberanía. E nós o que facemos é un chamado a poder decidir sobre o noso modelo económico. Reivindicamos políticas públicas que concentren todos os nosos recursos en favor das maiorías sociais, como única maneira de ter empregos, salarios e condicións de vida dignas, pero tamén plantexamos avanzar non que imos insistindo nos últimos anos: poder decidir as políticas que fagan que se poidan colocar os recursos que temos no noso país en favor dun desenvolvemento económico e social que busque o equilibrio social e territorial.
Afirma que a dixitalización e a intelixencia artificial están precarizando o traballo. Como debe responder o sindicalismo ante esta nova realidade tecnolóxica?
O proceso de dixitalización está a acelerar importantes transformacións con grande impacto na valorización do capital fronte o traballo, desvalorízase o traballo a través das reformas laborais, da negociación colectiva, individualizando e precarizando as relacións laborais. É un proceso do que se ten apropiado o capital. Nós o que plantexamos é unha planificación pública que poña todo este proceso de dixitalización en favor das maiorías sociais.
A mocidade galega sofre especialmente a precariedade, o paro e a emigración. Que propostas ten a CIG para garantir un futuro digno á xuventude traballadora?
Desde 2009, o 50% da poboación galega que ten emigrado é xente nova. Estamos falando de 150.000 persoas que teñen menos de 29 anos. Hai que evitar que a xenta nova emigre. Temos un marco de precariedade xeneralizada pola reforma laboral deste goberno, baseada na parcialidade do traballo. Nese contexto, a xente nova está chamada a ser carne de canón da explotación laboral. O que estamos insistindo é que esta precariedade xeneralizada esixe reformas que restitúan os dereitos trala reforma laboral de 2012.
Critica o diálogo social estatal como «unha fosa común para os dereitos laborais». Que modelo alternativo de negociación colectiva defende a CIG?
A negociación colectiva é a negociación colectiva. Por tanto, na negociación colectiva a negociación é inevitable, imprescindible e necesaria. Outra cousa é que hai quen teña apostado porque o diálogo social e a negociación sexan unha fin en si mesma. E polo tanto, aposte pola desmobilización e por branquear estas políticas a través da concertación social. Nós somos un sindicato de contrapoder, apostamos por un modelo sindical que entende que a folga sempre é o camiño para afrontar un conflito. Sen organizar e promover un conflito non hai posibilidade ningunha de avanzar en dereitos e de transformar a realidade, pero isto é compatible coa negociación. Vivimos nun conflito social porque hai unha loita de clases e o elemento mobilizador é un elemento decisivo e determinante.
Rematou o Congreso apelando á mobilización e á transformación da realidade. Cal é hoxe, para vostede, o maior reto para facer real ese chamamento á acción?
Para nós o reto é poder vivir e traballar dignamente na nosa terra, poder evitar a emigración e tamén facer de Galiza un lugar onde a poboación migrante teña un destino onde poder compartir con nós un proxecto de vida. O obxectivo que temos é ese garantido de vivir e traballar dignamente na nosa terra tanto os nacidos en Galiza como a poboación migrante que chega cada día ao noso país. Nós somos un instrumento de integración social e económica.
Suscríbete para seguir leyendo
- Venden una finca de 1.500m² con casa a reformar y en zona costera por menos de 50.000 euros: a 1 hora de A Coruña
- La mitad de los españoles tiene déficit de vitamina D: síntomas y qué comer para evitarlo
- Víctor Elías se abre en canal y explica por qué decidió denunciar a su madre: 'No aguantaba más
- Rescatado el cuerpo de una mujer en el puerto de Sada
- Ya hay fecha de boda en Pasapalabra: 'Será el 21 de junio, no queda nada
- Estrella Galicia estrena en Arteixo el bastión de su expansión nacional e internacional
- El Deportivo quiere recuperar a Jairo Noriega
- Manu Ferreiro y el Deportivo, en sintonía para renovar su contrato