Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Excelencia empresarial feminina

Galicia recoñece o liderado das súas empresarias

Virginia Pozo, Olalla Cuiña, Mercedes Toscano, Lucía Freitas e Luz Pardo, as premiadas

Empresarias de Galicia coas galardoadas na gala celebrada onte en Santiago.

Empresarias de Galicia coas galardoadas na gala celebrada onte en Santiago.

Santiago

Galicia rendía homenaxe onte, nunha gala celebrada no Hotel Monumento San Francisco de Santiago, á innovación e compromiso das nosas empresarias, recoñecendo o papel clave de todas elas no desenvolvemento económico e social da comunidade. Empresarias Galicia celebrou un ano máis a gala dos Premios Empresarias Galicia.

Na categoría de Empresaria do Ano foi recoñecida Virginia Pozo Castro, fundadora e CEO de Coosy, pola súa visión estratéxica e a súa capacidade para consolidar un proxecto creativo con identidade propia desde Galicia. Olalla Cuíña Gómez, presidenta de Inasus, Metaldeza e O Muíño de Cuíña, recibiu o Premio á Traxectoria Profesional. O Premio ao Emprendemento foi outorgado a Mercedes Toscano Varela, CEO de Minimelis, por impulsar un proxecto empresarial innovador, a primeira fábrica de gominolas funcionais de Galicia., cun forte compromiso social e inclusivo. Por último, a compostelá Lucía Freitas Rodríguez, cociñeira e empresaria, fíxose co Premio ao Impacto Social.

Tracking Pixel Contents