30 de junio de 2020
30.06.2020
La Opinión de A Coruña

Sabela 'nomina' aos políticos polo pobre galego do debate electoral

A cantante critica a mala calidade lingüística do enfrontamento televisado de onte

30.06.2020 | 19:31
Sabela 'nomina' aos políticos polo pobre galego do debate electoral

A cantante Sabela Ramil, que se deu a coñecer no Operación Triunfo 2018, sumouse hoxe ás críticas xeneralizadas polo pobre desempeño lingüístico despregado onte no debate electoral entre os candidatos á presidencia da Xunta. Durante a propia emisión foron moitas as críticas en redes sociais sobre a calidade do galego utilizado por varios dos aspirantes.

Hoxe foi a artista, galegofalante e que na súa participación no programa destacou coa interpretación de varios temas no idioma do país, a que na súa conta de Twitter deixou un comentario sobre o asunto: "Eu revisando o meu galego cada día porque teño palabras mal aprendidas. As/Os políticos dicindo: "se me acusa de protexer", que me saía dicir, aiii se te acusa, bueno luegooo..."



Durante o enfrontamento dialéctico de onte seis dos sete políticos falaron en galego. Só o número un de Vox pola provincia da Coruña, Ricardo Morado, usou o castelán, agás para se despedir. Iso si, na única ocasión na que o candidato a recuncar, Alberto Núñez Feijóo, se dirixiu a el de maneira directa botou man do español.

Nun debate especialmente ríxido e con pouco espazo para os golpes de efecto, un dos poucos momentos que se saíron do rego tivo que ver, precisamente, co idioma. Protagonizouno o representante da Mareal Galeguista, Pancho Casal, un dos máis críticas apaño unas redes polo seu galego. Para defender unha maior presenza do idioma no ensino, púxose a el mesmo de exemplo das consecuencias negativas sobre as competencias lingüísticas de non ter estudado na lingua propia e de comezar a falalo despois dos 50 anos.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook