03 de julio de 2020
03.07.2020
La Opinión de A Coruña
ÚLTIMA HORA
Sanidad registra 1.895 nuevos casos de coronavirus en las últimas 24 horas
ELECCIONES 12-J GALICIA 2020 | La cara íntima del candidato

Ana Pontón: "Pipi Calzaslargas é a miña heroína de ficción e a real, a miña irmá, que traballa nun súper"

"Son dialogante, pero demasiado perfecionista e non soporto a impuntualidade", conta a candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia

03.07.2020 | 10:30
Elixo esta foto para acompañar esta entrevista porque sempre estiven moi unida a miña nai, Aurita, porque a ela lle debo moito da muller que son e porque eu mesma acabo de ser nai de Icía e de golpe comprendín toda a coraxe e corazón cos que me guiou na vida.

-Principal trazo do seu carácter? A templanza.

-Que cualidade aprecia máis nas persoas? A honestidade.

-Que espera dos amigos? Que o sigan sendo sempre.

-O seu principal defecto? Demasiado perfecionista.

-A súa principal virtude? Son unha persoa dialogante.

-A súa ocupación favorita? Camiñar polo monte.

-A súa idea da felicidade? A día de hoxe pasar o día coma miña filla Icía.

-Cal sería a súa maior desgraza? Que lle pasase algo a miña filla.

-Se non se dedicase á política, que faría? Montaría a miña propia empresa.

-Unha novela que sempre volve reler. La mujer en una isla.

-O mellor consello que lle dará ao seu fillo/a? Sé sempre libre.

-Un heroe/heroína de ficción? Pipi Langstrum, Pipi Calzaslargas.

-E un heroe real? A miña irmá, porque traballa de caixeira nun supermercado e foi unha desas mulleres que estivo ao pé do cañón nesta pandemia.

-Que hábito alleo non soporta? A impuntualidade.

-Unha manía súa da que non se libra? A puntualidae.

-Ten un lema? Non rendirse nunca.

-Que plataforma de pago (Netflix, HB0, ?) ten na casa? HBO.

-A última serie de tv que a enganchou? O conto da criada.

-A última película que foi ver ao cine? Arima, de Jaione Camborda.

-O concerto que nunca esquecerá? Un concerto de Guadi Galego e Xavier Díaz no que presentaban un disco conxunto no Teatro Principal de Santiago.

-Con que político da oposición iría tomar un café para falar, pero non de política? Con Mónica Oltra, de Compromís.

-Que político que non é do seu partido lle parece admirable? Angela Davis.

-Algunha vez se arrepentiu dalgo que dixera durante unha liorta política? Cando?? Non, non me dou conta de ter dito ningunha cuestión da que me arrepinta nun debate politico.

-Se tivese que desfacer algunha decisión política, cal sería? Moitas, pero unha que teño claro que desfaría é o decreto da vergoña contra o galego.

-Os políticos sempre opinan de todo, un asunto no que lle custe formarse unha opinión? Unha cuestión na que non teño unha opinión definitiva é en como combater o discurso da intolerancia nas redes sociais, pregúntome que é máis eficaz, replicar con argumentos aínda a risco de retroalimentar ese discurso ou ignoralo para non contribuír á difusión de mensaxes tóxicas que moitas veces parecen non ter máis intención que a de que provocar ou simplemente ganar seguidores.

-Practica algún deporte de forma habitual? Cal? Ultimamente andar, se teño algo máis de tempo, ioga.

-As súas vacacións inesquecibles? Un fin de ano que pasei en Nüremberg.

-Un lugar para perderse? O Courel.

-Cervexa ou viño? Ou ningunha opción? Cervexa para terraceo e viño para comer.

-Sabe cociñar? Cal é o seu mellor prato? Si, cociño ben. Dáseme ben a cociña mexicana e quédame moi rica a chonita pibil.

-Sabe pór unha lavadora? Por suposto, dame que está pregunta non está pensada para as candidata mulleres..

-A última vez que lavou a louza? Teño lavavaixelas e póñoo case a diario.

-Leva no móbil contador de pasos? Cantos pasos adoita camiñar? Si. Habitualmente sobre 6.000 pasos.

-Cal é o seu punto débil de saúde: dor de lombo, colesterol alto...? A gorxa, costumo ter dor de gorxa.

-Cal é a app sen a que non imaxina a vida? Uso diversas apps pola súa utilidade práctica, pero imaxino a miña vida sen elas.

-Está a favor da xestación subrogada? Non, é outra maneira de explotación do corpo das mulleres.

-E regularía ou aboliría a prostitución? Aboliríaa sen dúbida se tivese a capacidade de facelo quero e facer todo o que estea na miña man para construir unha sociedade na que ninguén teña que prostituirse.

-A favor ou en contra da eutanasia? A favor, as persoas temos todo o dereito a unha morte digna.

-Algunha vez fumou un porro? Teño dado algunhas caladas ocasionalmente, pero non era o meu.

-Vostede recicla? A que bolsa van o cepillo de dentes e os cueiros? Si. Uso cepillo de dentes eléctrico e sei que ten que ir ao punto limpo, os cueiros ao contedor de lixo orgánico.

-Que lle diría a un fillo que lle confesa que é transxénero? Que ten todo o meu apoio para vivir a súa vida como máis feliz se sinta.

-A última vez que chorou. O día que naceu a miña filla falando por teléfono co meu compañeiro que estaba fora de Galiza por traballo en Connecticut (EEUU).

-Se fose un animal, cal sería? Unha anduriña percorrendo os ceos.

-Que lle fai sentir máis orgullosa de Galicia? A xente deste país, traballadora e loitadora como poucas.

-Onde se imaxina dentro de seis anos? Se os galegos e as galegas me dan a súa confianza, traballando por este país desde a Presidencia do Goberno de Galiza.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook