Cada un dos candidatos da lista electoral do BNG, empezando polo último suplente, vanse presentando un a un, cada día, nas redes sociais. Falan en primeira persoa e contan pinceladas do que consideran que os define máis. Isabel, a última suplente, de Vilanova, explica que non é militante do Bloque pero coñece o seu traballo "incansable" en defensa dos seus dereitos como traballadora da sanidade pública. Yael, a suplente número 5, destaca de sí mesma que é "comprometida co medio ambiente e co benestar animal". Alberte, de Iñás, fala da súa loita sindical e a súa vontade de axudar ao BNG.