A candidata do BNG ao Parlamento Europeo Ana Miranda estivo onte de visita en Oleiros e xunto ao candidato Fran Rei foi coñecer de primeira man o traballo da cooperativa de economía social Mulleres Colleiteiras en Iñás. No Centro de Divulgación Ambiental de Santa Cruz, o Ceida, falou co director e con Mar de Fábula sobre as iniciativas de eliminación de plásticos do mar e pola tarde Miranda e Rei visitaron a un carpinteiro de ribeira en Lorbé e a nave de redeiras. Ás cinco da tarde fixeron unha limpeza de lixo na praia de Santa Cristina.