É alcalde desde 1999, é bo estar tanto tempo en política?

A experiencia que se vai collendo ao largo dos anos vaise reflexando no coñecemento perfecto da Administración e do contacto con outras administración e saber as necesidades dos veciños.

Cal é o asunto máis urxente agora mesmo na Laracha?

O principal asunto é a xeración de emprego. É algo importante porque a partir dunha estabilidade laboral pódese organizar un proxecto de vida. É en segundo lugar, o apartado social. Neste momento un de cada oito euros do presuposto municipal está destinado a servizos sociais.

Que cousas ten pendentes e lle gustaría facer?

Todo é unha relación de actuacións que temos en marcha. O que queremos e que os servizos e actuación previstas continúen. E que A Laracha incremente a poboación. Por falar de proxectos, en medio ambiente, a ampliación do punto limpo, o quinto contenedor, os colectores de aceite na rúa e un proxecto para poñer en valor o río Anllóns. Xa estamos facendo a limpeza das marxes. E que todo o litoral de Caión quede libre para camiñar.

E de grandes obras?

Estamos co centro comunitario de Caión. Vemos a necesidade de ampliar o centro de día e o fogar residencial. No apartado de mobilidade, prolongar as sendas ata Carballo. E como obra principal, a actuación máis importante polo que significa, a ampliación do polígono. Neste momento hai 380.000 metros vendidos.

É necesaria a ampliación?

Si, é necesaria a ampliación. Hai empresas que están estudando comprar solo. Xa o temos estudado. Queremos adiantarnos ao futuro. Sempre pegado ao que hai. A zona máis lóxica é ampliar cara á parroquia de Lendo. Iso xa está plantexado. Queremos que todas as iniciativas empresariais que se queiran implantar en A Laracha teñan solo dispoñible para facelo. Aquí hai outro tema: Arteixo, A Laracha e Carballo van ser os centros loxísticos vinculados ao porto exterior. De feito, nese tema, dende os tres concellos fiexeron conxuntamente reunións con representantes da administración autonómica e estatal.