Xogadores tan coñecidos coma Donato, José Ramón, Iago Iglesias e Dani Mallo, antigas estrelas do Dépor, saltaron onte de novo ao céspede en Cambre para xogar un partido solidario, destinado a recoller alimentos e outros productos para levar á despensa municipal do Concello. O partido organizouno Unión por Cambre e o seu candidato á reelección, Óscar García Patiño, tamén se puxo a camiseta para xogar, no equipo de Dani Mallo, xogador que tamén vai na lista deste partido, de número seis. Unha ex xogadora e periodista, Rocío Candal, tamén participou no enfrontamento entre amigos de Mallo e unha selección de xogadores locais.