Que resultado esperan?

Nos presentámonos para gobernar, e logo o que a veciñanza considere. Levamos catro anos traballando, dende fóra do concello, pero traballando. Temos un proxecto e un grupo sólido e temos oportunidade.

Cales son as súas propostas máis destacadas?

Temos un problema co tema do urbanismo. É necesario un urbanismo sostible e ordenado, é necesario pensar no benestar de todos e non no beneficio duns poucos.

Se gobernan, que farán co plan xeral?

Xuntanzas veciñais para definir o modelo de urbanismo para un concello rural como é Abegondo. O desenvolvemento dos concellos rurais ten que ir arredor dos núcleos. Facelos medrar e non grandes urbanizacións. Ir en contra do urbanismo á carta do PP.

A sentencia limitou o crecemento dos núcleos.

O crecemento era bastante superior a previsión real de poboación. Era totalmente excesivo. Hay que dar participación á veciñanza e ir cara a outros modelos.

Outra prioridade?

Dotar ao concello de máis e mellores servizos públicos dignos, como os sanitarios, o transporte ou as conexións en autobús.