Cal é o asunto máis urxente que se debería abordar agora mesmo en Cerceda?

O Concello sufriu unha parálise importante co tema da miña sentenza. Hai que retomar os plans de obras, que non se executaron por culpa deste tema. E tamén os presupostos municipais, que quedaron paralizados. Non se adxudicaron as cousas desde ese momento.

Como se atopa despos do vivido no tema xudicial estes últimos meses?

Pefectamente. Ao principio había incertidume de que sairía. O mellor xuízo é a conciencia dun mesmo. Nese sentido, eu sempre estiven tranquilo.

Cando se repita o xuízo, cre que non vai saír culpable?

Evidentemente. Estou totalmente seguro. Achacábanme dous delitos e me castigaron por tres. E agora só me acusan dun só. Dous xa quedaron polo camiño.

Está totalmente tranquilo na súa conciencia?

Totalmente. Eu non coñecía o feito nin é un procedimento arbitrario. Para que sexa prevaricación ten que ser un procedimento arbitrario.

Desde que se coñeceu a sentenza ata que se anulou o xuízo, non pensou en marchar?

Un ten que defenderse de todo o que me acusan, e máis se cre que é inocente. Non pensei en marchar. Por que? Como vou marchar? Sería dar a razón a algo que non ocorreu. De feito, para que un tribunal lle diga a un xuíz que é parcial, xa me dirá. Foi por unha unanimidade.

Que proxectos ten para o próximo mandato?

Sería unha labor de continuidade. Eu levo 24 anos e o partido 30. Temos temas importantes, como o peche da central térmica. Hai que recuperar social e economicamente. Temos tres subvencións europeas por dous millóns de euros e pico. Hai que poñelas en marcha agora. Hai unha serie de cousas. O complexo lúdico que pretendemos facer no lago das Encrobas. Cousas nunca faltan.

Como van soportar o golpe do peche da térmica?

Vamos ver como queda o tema. En principio, aí ten que colaborar Europa, o Goberno central, a Xunta e a empresa. Vamos ver como se articula. O tema das eleccións paralizou o tema. Nós esperamos que sexa algo semellante ao que foi o Plan Míner.