19 de mayo de 2019
19.05.2019
La Opinión de A Coruña

CERCEDA
Alberte Sánchez, candidato do BNG

"Queremos facer de Cerceda un sitio no que a industria sexa máis sustentábel"

19.05.2019 | 13:05
"Queremos facer de Cerceda un sitio no que a industria sexa máis sustentábel"

Cal sería o primeiro asunto que abordaría se saíse elixido alcalde?

O primeiro que faríamos sería unha auditoría externa para saber como están as contas e como queda o Concello tras tantos anos de desgoberno de Liñares.

Non se fían da información sobre as contas que se facilitou?

Non nos fíamos das contas. Sabemos que hai problemas legais coa última fase do polígono industrial e que hai outras cousas por aí, como o do equipo de fútbol de Cerceda.

Cales son os seus principais proxectos?

Queremos facer de Cerceda un sitio no que a industria sexa máis sustentábel e que o saneamento e a rede de depuradoras cheguen a todas as parroquias. E inconcebible que en Meirama esté feito o saneamento e non haxa depuradora. Ao final todo vai parar ao lago das Encobras e despois ao embalse de Cecebre. Unha das medidas é que haxa unha taxa do lixo reducida para a veciñanza.

Como evitaría a baixada de poboación en Cerceda?

Esa é unha cuestión que nos últimos 20 anos o PSOE non fixo nada. Hai que crear axudas para a rehabilitación de vivenda e axudas na escola infantil e nos servizos aos maiores. Hai que ter servizos públicos de calidade. Crearemos o centro de información á muller e poñeremos unha liña interparroquial á estación de tren.

Que medidas teñen para paliar o peche da térmica?

Non se pode paliar só desde a perspectiva do Concello, senón que hai que implicar á Deputación, Xunta e ao Goberno central. Habería que crear unha mesa de negociación e acadar solucións.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Elecciones en A Coruña

Domingo 26 de Mayo de 2019

Galicia, A Coruña, España