Que balance fai do mandato?

Pois aquí todo está igual, o mesmo de sempre, seguimos sen cambiar nada. Non hai apoio a actividade agraria, todo son prazos larguísimos, o Concello todo o bota para atrás, todo para atrás, ata cousas facilísimas... Ou non saben ou non queren ou non poden, eu xa son sei cal é o problema?

Entendo que fala por experiencia propia. Como agricultor nota moitas trabas?

Home, é onde máis se ve? Hai que loitar moitísimo. O que non pode ser é que a administración che dea a todo para atrás. Eu estiven ano e medio agardando por unha licenza de obra porque a perderon, e iso non pode ser.

E que propón para dinamizar Irixoa?

O primeiro, axudar a que os poucos agricultores que quedan sigan traballando. As explotacións precisan de seguridade xurídica. Aquí temos privilexios que non ten as cidades, pero se non os apreveitamos...

Que diagnóstico fai dos servizos?

Hai moito que mellorar. Moitas explotación e casas de Irixoa seguen sen traída de auga. E hai depuradoras que seguen sen funcionar.