22 de mayo de 2019
22.05.2019

CARRAL
César Bergondo | Plataforma de Electores Asemblea de Carral

"O primeiro é saber canto é a débeda real e a partir de aí, actuar"

"Queremos facer un equipo para buscar subvencións e fomentar a participación"

22.05.2019 | 00:00
César Bergondo.

Como ven a campaña?

Ganas moitas. Posiblidades non sei. Son moitos partidos.

Terán representación?

Esperemos aumentar a dous. Todo vai depender da cantidade de xente que vaia votar.

Se son chave, a quen apoiarían e a quen non?

Nós imos mirar cara á esquerda. Pero a última palabra vai ser sempre o que diga a asamblea.

Cambiaron o formato, agora son unha plataforma de electores. Que implica isto?

Nunha agrupación de electores, o ámbito é o concello, non pode saír do concello. Non tes a ninguén por enriba. Non pode ser una coalición tampouco; sí para gobernar, pero non como partido.

E por que o fixeron?

Non o vemos como un partido tradicional, temos outra forma de actuar. É democrático e en catro anos se vai desfacer obligatoriamente por lei, e créase outra vez de novo. Afastámonos dos partidos e a forma de organizarse.

As principais propostas?

Tres pasos. O primeiro, saber canto é a débeda real; quén sabe a cantidade de facturas que hai nos caixóns e as cousas que non sabemos! E a partir de aí, actuar. O segundo, facer cos traballadores do Concello un equipo de financiamento subvencionado para buscar subvencións; estanse a perder axudas que non se solicitan ou se piden fóra de plazo. E o terceiro, fomentar a participación. Abrir os plenos á veciñanza, que sexan pola tarde outra vez, e facer orzamentos participativos. A partir de aí, un montón de iniciativas.

Cales destaca?

Ninguén pensou nunha solución para os residuos sólidos. Facer depuradoras ecolóxicas para as augas residuais.

E en urbanismo?

O máis importante sería cerar unhas sendas peonís entre parroquias para poder comunicalas. Como están agora as estradas, non hai espazo para poder andar.

O seu balance do mandato?

Comprobamos que a forma de gobernar e de xestionar os cartos non é a axeitada.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Elecciones en A Coruña

Domingo 26 de Mayo de 2019

Galicia, A Coruña, España