22 de mayo de 2019
22.05.2019

CARRAL
Javier Gestal | Candidato de Alternativa dos Veciños

"Primordial é a atención á terceira idade e un plan urbanístico, que levan estes 16 anos sin aprobalo"

22.05.2019 | 00:00
Javier Gestal.

Como levan a campaña?

Imos porta por porta. Pola resposta da xente, imos arrasar.

Que resultado esperan?

Creo que maioría que a sacamos, polo que estou vendo. Si non sacamos maioría, goberno facémolo.

E con quen?

Ou co PSOE ou do BNG. Con Asamblea non habería problemas. Con calquera deles que saque representación.

Cales son as súas prioridades?

Primoridial para nós é a atención á terceira idade. Un 80% da xente é maior e están sós; crear un bo centro de día en convenio coa Xunta. E despois un plan urbanístico, que levan éstes no Goberno 16 anos sin aprobalo.

E para ter actividade e poboación?

Debe de haber unhas 300 ou 400 vivendas empezadas e que quedaron estancadas; intentar negociar coas entidades bancarias para que as acaben e sacalas á venda para atraer xuventude. Con iso aumetaría a poboación e poderíase ter máis atención pediátrica... repercute en todo.

E no económico?

Negociar co Sepes para que se execute a parte do polígono que está a monte. E hai que facer saneamento.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Elecciones en A Coruña

Domingo 26 de Mayo de 2019

Galicia, A Coruña, España