Con quen estaría disposto a pactar o BNG?

Non sabemos quen vai estar sequera.

Pero non se marca unhas liñas vermellas?

Non. Hai uns programas que son opostos aos nosos. Máis ou menos sabemos cales son. Pactar sen saber os escanos que vai sacar cada un... Temos que ir paso a paso. Ver que resultados se dan o domingo. Aínda que coincidamos en moitas cousas, ao mellor non se chegan a acordos.

Que programas son os opostos aos do BNG?

Os programas opostos son os que botan fume, coma o do PP. O programa do PP bota fume por todos lados, xa que non hai nada sólido debaixo. Pasa como todos os anos anteriores. Prometen cousas cando chegan a campaña e despois, nada.

Os programas electorais dos outros partidos como os ve?

Ciudadanos creo que nin ten programa. E Alternativa e o PSOE non quero meterme a fondo. Teñen cousas salientables.