Como vive esta campaña electoral?

É a miña primeira campaña como candidato. Con moita ilusión. Non pensei que a xente fora tan receptiva comigo, cousa que me gusta moito.

Que esperaba entón?

Non é que esperara algo en concreto, pero si que me chocou, ao mellor porque son primerizo nisto. Si que me chocou que a xente me aprecia e tenme en moita estima.

Que resultado espera?

Escoitei de todo. Isto é coma no fútbol. Hai que ir partido a partido, día a día, e coa ilusión sempre de quitar o mellor resultado. E despois o resultado que veña, aceptalo.

Non se atreve a dicir un resultado do BNG?

Evidentemente, agardamos subir. Dobramos o número de votos nas xerais. Polo tanto, creo que podemos ter un bo resultado. De aí a dicir dez ou doce, pois tampoco me atrevo.

Cal é o asunto máis urxente en Arteixo que habería que abordar?

Hai moitas cousas por abordar e o primeiro que hai que facer é a planificación. Nos 100, 150 primeiros días hai que elaborar un plan de traballo para estes catro anos, vendo como están os departamentos. Unha cousa é velo desde fóra, que necesitamos isto, pero como conseguimos iso? Son necesarias unhas medidas concretas que teremos que abordar cando gobernemos.

Cren que agora mesmo non hai planificación ningunha por parte do Concello?

Ningunha. Non hai ordenación do territorio. O plan xeral, por exemplo, é fundamental. No ano 1995, cando se aproban as normas subsidiarias, tíñamos 20.000 habitantes e agora temos 32.000 e seguimos avanzando. Iso é imparable. É si ou si. O plan xeral é algo que hai que abordar xa.

Como farían para sacar adiante o plan xeral?

Pois dar os pasos que sexan precisos e necesarios. O que non se pode facer é estar como agora: a cero. Temos un encefalograma plano de todo. Iso non pode ser. Temos que revitalizar ese plan xeral e poñelo a andar. Licitar e buscar empresas que o fagan e da mellor maneira. Ordenar o municipio é fundamental.

Sería unha das primeiras cousas que farían despois do plan de goberno?

Efectivamente. Planificar en todo, non só o territorio. Planificar todo o relacionado con educación e sanidade. Aínda que non sexa competencia do municipio, si hai que petar enriba da mesa de quen hai que petar para que isto teña mellores servizos. Estamos cos mesmos servizos dende fai moitísimos anos. O único que temos é un edificio novo, pero ese edificio novo non sana persoas. Quen sana as persoas son os médicos.

Fala do centro de saúde de Vilarrodís?

Efectivamente. Quen sana as persoas non é o formigón. Son os médicos e as enfermeiras e os recursos humanos e económicos dedicados á sanidade.

No seu programa electoral falan de poñer en marcha unha rede de transporte interparroquial. Acaso non existe na actualidade?

Non. Existe para as eleccións. Mesmo Calvelo dixo que o podería quitar se non da resultados. Dixo ou non o dixo? Entón, se tis pos un bus interparroquial sen consultar coa xente, iso non vai funcionar. O que fixo Calvelo foi poñelo para as eleccións. Nós cando vamos polas parroquias nos din que non se adaptan aos horarios da xente e que teñen que volver a coller o coche. De que sirve un bus interparroquial se a xente non o pode usar? Consultou o señor Calvelo sobre os horarios e ten interés en que ese bus funcione? Creo que non. Por iso digo que non hai un bus interparroquial.

Entón como faría para poñelo en marcha?

Saber as necesidades. Todas as ideas que levamos no programa son transversais. No programa levamos a participación cidadá para todo. Para o plan xeral, o lixo, o bus interparroquial... Para todos os aspectos. Non pode ser pedir o voto cada catro anos e despois nos olvidamos dos veciños. Temos que falar cos veciños e coas veciñas sempre.

No programa falan dun estudo para poñer en marcha un metro lixeiro. Como é esta proposta?

É un estudo, un proxecto. O que si vemos fundamental é que hai que arrancar a área metropolitana si ou si dunha vez. O que hai que facer é poñerse en contacto cos concellos veciños que conformen a área metropolitana. Nós o que cremos é que a conexión con Oleiros, Cambre e Culleredo é fundamental. Vemos que hai moita vía férrea. Hai moitas infraestruturas.

Están infrautilizadas?

Están en desuso e por aí si que vemos que hai posibilidades para un metro lixeiro. Nós o que temos é un estudo no programa. Hai que ver se é viable e nos cremos que é evidentemente si que é viable. Pero hai que estudar todos os medios de transporte en xeral para ver como se poden combinar e concretar.