Como vive a campaña?

A verdade, moi ilusionado. Non esperaba hai uns meses a tanta xente apoiando a nosa candidatura, animándonos e traendo proxectos e ideas. É unha verdadeira marabilla esta campaña.

Que asunto atendería en primeiro lugar se logra ser alcalde?

O primeiro que hai que facer se gobernamos, que vamos a gobernar, é abrir portas e ventás. Transparencia e participación. Recuperar a participación. Volver a falar aos cidadáns á cara e aos ollos. E a partir de aí pódese atender aos barrios que foron olvidados nestes últimos oito anos por este alcalde.

Como faría para abrir as portas e ventás?

Hai que volver a dar participación. Recuperar os consellos veciñais, hai que volver a poñer os plenos a un horario acertado ao que poida vir a xente, recuperar a radio municipal, hai que publicar absolutamente todo e dar facilidade aos cidadáns e ao resto dos grupos políticos para que teñan acceso aos expedientes. Temos que recuperar que o alcalde esté a disposición do pobo.

Que resultado espera das eleccións?

Eu creo que o Partido Popular sabe que non vai sacar a maioría absoluta. O partido socialista é a única alternativa posible de cambio de goberno en Arteixo. Dende o partido socialista vamos a deixar claro é que sempre vamos a optar pola estabilidade. Arteixo non se merece que non haxa un goberno forte que goberne este concello. A partir de aí, estamos dispostos a falar con todo o mundo, con todos aqueles que teñan representación, para gobernar Arteixo dun xeito aberto e dialogante. Polo tanto, non sei ata onde vai chegar a onda de ánimo e de opción polo cambio. Creo que vamos ter un resultado histórico neste concello.

Fala dunha maioría absoluta do PSOE?

Non estou falando de maiorías absolutas. Estou falando de que ninguén vai ter unha maioría absoluta neste concello e a partir de aí teremos que dialogar entre todos.

Fala de resultado histórico.

Falo de ter un resultado moi bo nestas eleccións.

Por exemplo, dobrar o número de concelleiros?

Por exemplo, poder duplicar.

Con quen pactaría?

Con todas aquelas opcións que manteñan un mínimo de criterio e de funcionamento e de ideoloxía concorde ao noso. Teremos que falar moito con todos aqueles que consigan representación e partir de aí vamos ver que se pode facer.

Quen se quedaría fóra desas opcións das que fala?

Nós non vamos gobernar nunca co Partido Popular. Iso é evidente. Por ese espazo non vamos a pasar. Iso si, nunca vamos impedir que se goberne este concello. Si nós non sumamos un goberno estable e alternativo ao Partido Popular, o mellor é que goberne quen poida facelo e que o faga con apoio para que os proxectos importantes deste concello salgan. Unhas das cousas que necesita este concello co crecemento que ten é estabilidade.

Se non logra ser alcalde, seguirá despois como voceiro do grupo socialista?

Claro. Por suposto.

Non pensou en deixalo?

En principio, non. Os resultados electorais poñen e quitan. Se o resultado non é aceptable, este candidato está sempre a disposición do seu partido. Agora mesmo non entra no noso cálculo ter un mal resultado electoral.

Gobernaría en minoría?

Todo é posible. Dependendo da facilidade e da búsqueda de acordos co resto de grupos. Se o goberno en minoría fose para poder facer as cousas ben para os cidadáns, se optaría. Pero volvo a repetir, este partido non se presenta co obxectivo último de gobernar si ou si. O que queremos é que Arteixo mellore, polo tanto vamos facilitar que o goberno sexa estable, tanto sexa o noso como se non é o noso.

Os integrantes da agrupación do PSOE viron con bos ollos a integración de TeGa?

Si, por suposto. Elevouse a todos os ámbitos de decisión do partido. Hai un ambiente xeneralizado de que esta unión suma e fortalece a candidatura.

Como afrontaría a eliminación da peaxe de Pastoriza cun goberno socialista en Madrid?

A peaxe de Pastoriza é da Xunta de Galicia. Nada se pode facer se o Goberno de Feijóo non da solucións á eliminación da peaxe. Quen debería falar da eliminación da peaxe é a Xunta de Galicia. Hai que sentar a todas as administracións nunha mesa e tratar de negociar que non haxa unha peaxe tan daniña.