No seu programa electoral leva a creación dunha empresa pública de servizos, por que a quere poñer en marcha?

Porque hai un déficit absoluto na xestión dos servizos en Arteixo. A recollida do lixo non está funcionando como no seu día se prometeu e a xestión da auga está sendo un auténtico desastre. Coa absorción destes servizos por parte do Concello de Arteixo viuse que no mantemento temos un déficit importante tamén. A creación da empresa pública é o motivo da ruptura do Goberno actual. É polo cal o concelleiro de Obras sae espantado porque non pode falar cos seus compañeiros. O fin último era apostar por unha empresa pública que xestione de maneira máis eficaz os servizos.

Cal é mellor sistema do lixo: o de agora ou o de antes?

Ningún dos dous son bos. Este está funcionando moitísimo peor do que funcionaba o do Consorcio, porque non se está facendo reciclaxe nas parroquias. Tampouco sabemos como se está levando o sistema. Moitos cidadáns, incluso con illas, están optando por tirar todo ao resto porque non se están facendo as cousas correctamente. Antes a xente sabía onde estaba o seu contenedor de inorgánico, o seu orgánico e situaba os de vidro e papel. Agora mesmo hai un batiburrillo.