De que logros síntese máis orgullosa?

En primeiro lugar, de ter multiplicado por tres os orzamentos de servizos sociais, e de aumentar o servizo de axuda no fogar e o xantar na casa e a oferta lúdica dos maiores. E algo do que me sinto tamén moi orgullosa e de ter incrementado programas e actividades pola igualdade.

Quédalle algunha espiñina?

A verdade é que catro anos para implementar todo o programa ambicioso que temos non chega a nada. Queremos incrementar máis o orzamento destinado aos servizos sociais e inmplementar programas como un voluntariado forte en Sada, tecer as redes para un voluntariado social.

Foi un mandato convulso. O PSOE acabou abandonando o goberno e percibíronse tensións entre o BNG e Sadamaioría...

Bueno, nun goberno en coalición, como nunha relación de parella, hai certas cousas nas que tes que ceder e saber negociar. Nós botamos en falta un liderato forte dentro do goberno para evitar que o PSOE se fora a seis meses das elección

E cre que pode reconducirse a situación?

Eu sempre tiven boa relación cos voceiros dos outros dos partidos e queremos loitar agora para entrar con moita forza no goberno para poder ter o liderato e a capacidade de consensuar e de tender as pontes que fagan falta entre os grupos do bloque progresista para evitar por todos os medios que entren as dereitas. É moi importante ter un liderato forte para esixir as outras administracións que teñan máis en conta Sada.

E que condicións poñerá o BNG? Que deberá facerse si ou si?

O que queremos sobre todo é o fomento do diálogo entre as forzas. É o primeiro que temos que pór sobre a mesa, facer autocrítica do anterior goberno e recompoñelo, eso é o máis importante. Eu penso que as tres forzas podemos chegar ao entendemento en cuestións de programas.