Manel Pérez | Candidato polo BNG

“Contamos con que imos a subir bastante. A ver se conseguimos entrar no goberno”

Manel Pérez

Manel Pérez / Manel Pérez. // La Opinión

A. P.

Que sensación ten? Pensa que vai a mellorar os resultados?

Si, nos contamos con subir bastante porque os socialistas levan catro anos practicamente facendo o mesmo que fixeron nestes últimamente vinte anos. Nos contamos con que imos a subir bastante, as nosas propostas son moi claras. Estas son as miñas terceiras eleccións como candidato e ata o de agora sepre melloramos os resultados. A ver se conseguimos entrar no goberno.

Para iso o PSOE ten que manterse, pensa que pode pasarlle factura o cambio de candidato? Nas últimas xa gobernou en minoría...

Pode ser que lles pase factura, pero se miras as estatísticas de Paderne, os socialistas levan gañando moitísimos anos. É como en Betanzos, unha cousa moi parecida, os socialistas teñen ese feudo aínda que poidan baixar algo.

Se entran no goberno, cales van ser as súas prioridades?

As nosas prioridades son practicamente as mesmas que hai dez anos, porque seguimos igual, hai que darlle unha volta ao concello. Temos a ría totalmente contaminada, con verquidos por todos lados, o saneamento sen acabar en moitas parroquias e outras ás que aínda non lles chegou a auga, en fin..

Moito que facer, logo?

Si, moito que traballar [ri]. É o de sempre, é o problema dos gobernos con maioría absoluta, que se relaxan moito.

Como describiría a súa candidatura?

Levo a xente bastante válida, preparada. É unha candidatura para facerlle fronte ao PP e aos socialistas, a ver se nos mantemos aí e somos chave para o goberno.