Entrevista | María José Cal Candidata do PSOE en Irixoa

“Queremos aumentar en todo o que se poida a axuda a domicilio”

María José Cal.

María José Cal. / A. P.

A. P.

Que balance fai do mandato?

O de sempre. Estando na oposición pouco podes facer, pero algunha cosiña fomos conseguindo, como que a Deputación invista na ampliación da carretera DP-3903.

Que expectativas ten?

As mellores, saímos a gañar.

Cales serán as súas prioridades se goberna?

O social, sen dúbida. Aumentar en todo o que se poida a axuda a domicilio e colaborar máis co colexio en cuestións como o acoso escolar. Tamén son fudamentais medidas de saúde mental. E despois, medidas para deixar de perder poboación.

E qué medidas propón para fixar poboación?

Nós propoñemos falar coas empresas para que se poidan situar no noso municipio para que os nosos mozos non teñan que saír. Non me refiro só falar, senón a traballalo para logralo. Iso é fundamental.