Os socialistas de Oleiros piden máis mulleres no Día das Letras Galegas

Acto do PSOE. |   // LA OPINIÓN

Acto do PSOE. | // LA OPINIÓN

O PSdeG-PSOE de Oleiros mobilizouse onte polo Día das Letras Galegas para criticar “que en 60 anos de letras galegas só se premiou a cinco mulleres” diante da estatua do Che Guevara na glorieta de Bastiagueiro. A elección do sitio, segundo o grupo, débese a que o Ángel García Seoane decidiu homenaxear ao guerrilleiro “ sen consultalo con ninguén” pese a que o personaxe, sinalan os socialistas, ten “unha traxectoria, digamos controvertida”.Os asistentes tamén portaron carteis co seu lema electoral, Vota o que pensas.